Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 8 de marzo de 2015

A DEPUTACIÓN DESTINA 238.500 € AO PROGRAMA QUE O ANO PASADO CONTOU COA PARTICIPACIÓN DE 372 ASOCIACIÓNS E 22.000 PERSONAS



A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa xunta de goberno, destinar un orzamento de 238.500 euros ao programa <Coñece a túa provincia> que tén implantado, con gran éxito de participación, dende o ano 2008. O ano pasado, presentaronse 372   asociacións demandantes e tomaron parte nas distintas rutas un total de 22.000 personas.
O programa “Coñece a túa provincia” nace no ano 2008 coa finalidade de fomentar a convivencia e o asociacionismo entre distintos colectivos, ademais de contribuír ó seu enriquecemento cultural a través de visitas diarias guiadas a centros integrantes do patrimonio da Deputación e ós principais recursos turísticos da provincia de Pontevedra.
A dinamización económica e social constitúe o obxectivo prioritario que persegue este organismo provincial co desenvolvemento deste programa. As visitas que forman parte del teñen unha dobre finalidade: fomentar o coñecemento dos nosos recursos mediante a convivencia e o asociacionismo dos colectivos participantes, ademais de contribuír ó desenvolvemento da provincia xerando movemento económico a través dos diferentes sectores de servizos implicados no programa (guías turísticas, transporte de viaxeiros, museos e centros de interpretación, sector da restauración, e outros).

 Poboación destinataria

A presentación de solicitudes no exercicio 2014 ascendeu a 372 asociacións demandantes, con máis de 22.000 persoas participantes no programa, acadando un alto grado de satisfacción atendendo ás enquisas de valoración do programa; un 94,2% cree que o percorrido da ruta que realizou é axeitado; un 81,2 % dos participantes sinala que as rutas cubriron as súas expectativas; un 85% recomendarían as rutas realizadas a turistas, familiares e amigos e un 77,8% opina que a relación calidade – prezo é adecuada.

As rutas máis demandadas no anterior exercicio 2014 son: a ruta 17 (Illa de Ons, vila mariñeira de Portonovo e Sanxenxo) con 66 solicitudes; a ruta 4 (Ruta de Arousa - O Grove con degustación, Illa da Toxa, visita ó núcleo urbano do Grove, miradoiro do Monte Siradella, paseo de madeira de Pedras Negras, Praia da Lanzada) con 47 solicitudes; a ruta 3 (Lalín, Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, Fervenza da Toxa, Museo Ramón María Aller, visita ó núcleo urbano de Lalín, Pazo de Oca, conxunto natural e etnográfico de Codeseda) con 32 solicitudes; e a ruta 9 (conxunto histórico de Redondela, Camiño de Santiago, praia e porto de Cesantes, Illa de San Simón) con 30 solicitudes; a ruta 13 (visita A Guarda e Tui) con 27 solicitudes; a ruta 22 (Mondariz: Castro de Troña, Castelo de Sobroso, Mondariz – Balneario, Virxe da Franqueira, Covelo) con 27 solicitudes; a ruta 21 (visita a diferentes lugares de interés de: Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa) con 23 solicitudes, entre outros.

Sinopse do funcionamento do programa
O programa consiste en pasar un día en lugares emblemáticos da nosa provincia e visitas guiadas diarias a centros integrantes do patrimonio desta Deputación Provincial (Museo de Pontevedra, Pazo provincial, Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Pazo de Lourizán, Castelo de Soutomaior, entre outros), incluíndo os traslados de ida e volta en autobús desde os concellos de orixe acompañados en todo momento por persoal da empresa adxudicataria, a visita guiada realizada por unha persoa que conte coa habilitación como guía de turismo especializado de Galicia e o xantar.

Nesta convocatoria do presente ano 2015 establécense 18 rutas reflectidas no modelo de solicitude, das cales as entidades que participen no programa poden elixir as tres rutas que máis lles satisfagan, por orde de preferencia, así como as datas preferentes.

O orzamento destinado a este programa ascende a 238.500,00 €; o programa é cofinanciado, os usuarios adultos aboan a cantidade de 12 euros, mentres que os menores de ata 9 anos acompañados dos seus pais ou titores, terán un prezo especial de 8 euros;  e a Deputación de Pontevedra a cantidade restante do prezo ofertado pola empresa adxudicataria do programa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario