Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 13 de marzo de 2015

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NOS PROGRAMAS DE TERMALISMO SOCIAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

• O ano pasado participaron nestes dous programas máis de 6.000 personas maiores de 50 anos
Un ano máis a Deputación de Pontevedra através do Servizo de Servizos Sociais e Promoción do emprego pon en marcha os programas de termalismo social Coidarte e Saúde e BenestarEstes programas están dirixidos a pensionistas, persoas solicitantes dun respiro familiar e outras persoas maiores de 50 anos. Ambos teñen como obxectivo fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida dos seus beneficiarios, favorecendo as súas relacións sociais e a participación no seu contornopromovendo espazos de intercambio, así como a súa independencia persoal. Preténdese así evitaras situacións de illamento e soidade que ameazan a este sector da poboaciónO prazo para solicitar participación en Coidarte 2015 vai do 1 ao 30 de abril de 2015 e o de Saúde e Benestar, do 12 de marzo (mañá) ata o 10 de abril.

Ó mesmo tempo, cos programas Coidarte e Saúde e Benestar téntase impulsar a creación e mantemento do emprego no sector turístico da provincia, especialmente durante os períodos de menos actividade neste sector clave na economíapara así desestacionalizar a demanda.
Trátase, xa que logo, dun programa cun claro obxectivo social, xa que facilita o acceso ó turismo de saúde a persoas que doutro modo non poderían beneficiarse da súa dobre función, como forma de descanso e tamén como tratamento sanitario, pero que ofrece tamén bos resultados en termos de sustentabilidade económica para a provincia.
O programa Coidarte oferta balnearios, spas e  talasos da provincia a prezos reducidos, cunha subvención da Deputación á que poderá sumarse outra dos concellos que se adhiran. Neste programa, os beneficiarios poderán gozar de cinco días consecutivos (de luns a venres) no establecemento seleccionado, facendo uso das súas instalacións durante dúas horas cada día. A franxa horaria das actividades ofertadas fainas compatibles con outras obrigas que poidan ter os usuarios. O transporte ata as instalacións correrá a cargo de Deputación e non suporá ningún custo engadido para os beneficiarios, que terán o asesoramento dun guía acompañante.
O programa Saúde e Benestar oferta prazas subvencionadas pola Deputación e comprende unha estancia de seis días e cinco noites nun establecemento hoteleiro da provincia seleccionado polos beneficiarios,que estará equipado cuspa ou talaso. O paquete do programa inclúe a estadía en réxime de pensión completa e o uso das súas instalacións termais, así como actividades de animación sociocultural con excursións pola zona onde se sitúe o hotel. Poderase solicitar praza individual ou por parellas. Igual que no anterior programa, os traslados desde os concellos serán cubertos na súa totalidadepola Deputación, contando igualmente cun guía nas viaxes.
O ano pasado participaron nestes dous programas 6.000 personas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario