Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 31 de marzo de 2015

CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA SUBLIÑA A NECESIDADE DE DOAR SANGUE DE CARA Á SEMANA SANTA

·         No transcurso das xornadas previas ás xornadas festivas, as unidades móbiles do CTG visitan máis de medio cento de concellos galegos para conquerir a colaboración dos cidadáns

Facilitar o acceso dos cidadáns á doazón de sangue é o principal obxectivo da campaña de doazón en Semana Santa que promove a Consellería de Sanidade, por medio do Centro de Transfusión de Galicia (CTG). As dez unidades móbiles do CTG están a visitar, na campaña de doazón nas xornadas previas a Semana Santa, máis de medio de concellos galegos para acadar unha media de 500 doazóns de sangue diarias, as precisas para garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos nosos centros sanitarios.

As necesidades de compoñentes sanguíneos non diminúen neste período vacacional, xa que se incrementan as urxencias derivadas dos accidentes de tráfico e é necesario manter estable o volume de doazóns de sangue, nun período no que se rexistra unha maior deslocalización dos doadores e doadoras habituais.

Obxectivos
Durante a campaña de Semana Santa do presente ano, o CTG tenta acadar unhas 3.000 doazóns de sangue, cifra que garante o axeitado desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos. Ademais, faise precisa a colaboración de doadores e doadoras de todos os grupos sanguíneos.

O CTG agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades aos cidadáns, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles cada día que efectuarán as seguintes visitas:

DATA
CONCELLOS
Luns 30 de marzo
Bº Os Mallos (A Coruña), Tal (Muros), Paderne, Porto do Son, Vimianzo, O Saviñao, Escairón, Bande, Lobeira, A Estrada, Redondela e Rúa Barcelona (Vigo).
Martes 31 de marzo
A Laracha, Zona Monelos Castrillón (A Coruña), Muros, Ortigueira, Área Central-Fontiñas (A Coruña), Xove, Allariz, A Estrada, Baiona e Redondela
Mércores 1 de abril
Carballo, Cedeira, Vilaboa (Culleredo), Ribeira, Área Central-Fontiñas (Santiago), Viveiro, Verín, Cangas do Morrazo, Marín e Moaña
Sábado 4 de marzo
A Capela, Carballo, Ribeira, Paradela, Portomarín e Cangas do Morrazo

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.


LUGAR
HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, o CTG dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

Doazón de medula osea
A Consellería de Sanidade lembra, tamén, á cidadanía a importancia da doazón de medula ósea. A tal efecto, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Josep Carreras teñen a disposición dos cidadáns a web http://galicia.medulaosea.org que facilita os trámites de rexistro aos potenciais doadores. Neste enderezo electrónico poden eles mesmos apuntarse. Unha vez que se anoten serán chamados para a correspondente entrevista por parte dos profesionais sanitarios.

Poden ser doadores de medula ósea, persoas de 18 a 55 anos que non padezan ningunha enfermidade que poida ser transmitida ou por en perigo a súa vida polo feito da doazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario