Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 20 de marzo de 2015

Conceden máis de 222.000 euros para obras en infraestruturas deportivas en Barro e Vilalonga



A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este xoves destinar máis de 222.000 euros aos concellos de Barro e Sanxenxo, para afrontar diferentes obras de mellora en infraestruturas deportivas. Son axudas que figuran dentro do Plan de Investimentos da institución provincial.
En concreto, a subvención de 94.125 euros concedida ao Concello de Barro é para instalar unha liña de media tensión subterránea, un centro transformador e levar a cabo a reforma da liña aérea de baixa tensión existente no campo de fútbol de San Antoniño.
O traballo forma parte do acondicionamento deste campo de fútbol, que implicará melloras tanto de instalacións como de acondicionamento e obra civil. A subministración de enerxía eléctrica será de 20 quilovatios de tensión, construirase unha rede subterránea e unha frecuencia de 50 herzios. O prazo de execución será de mes e medio.
Pola súa banda, a Deputación investirá 128.599 euros nunha serie de reformas no pavillón de deportes de Vilalonga, unha das melloras demandadas polo Concello de Sanxenxo e polos veciños desta parroquia.

http://pontevedraviva.com/xeral/18758/conceden-mais-222000-euros-obras-infraestruturas-deportivas-barro-vilalonga/

No hay comentarios:

Publicar un comentario