Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 13 de marzo de 2015

DOCE EQUIPOS E 112 PROFESIONAIS INICIAN A VINDEIRA SEMANA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO DEPOGAP NOS CONCELLOS DA PROVINCIA


·   Louzán afirma que <o proxecto non é máis que a nosa decidida aposta pola xestión intelixente dos bens e dos activos da provincia>
·   O obxectivo principal de DepoGap é dotar aos concellos de información interna que lles permita optimizar a xestión dos seus activos municipais e lles axude na toma de decisións

Unhas duascentas personas entre alcaldes, enxeneiros e técnicos municipais participaron hoxe nunha xornada de traballo que tivo lugar na Deputación de Pontevedra sobre <DepoGap: xestión de activos da provincia de Pontevedra> presidida polo presidente, Rafael Louzán, e na que tomaron parte Amancio Varela, xefe de Novas Tecnoloxías, técnicos e responsables da empresa adxudicataria do proxecto, así como a deputada Begoña Estévez.
A vindeira semana, 12 equipos, formados por 112 profesionais, iniciarán o desenvolvemento do proxecto nos concellos da provincia.
DepoGap é un proxecto de base tecnolóxica, cofinanciado nun 70% a través de fondos FEDER, que mellorará os servizos públicos prestados implementando un novo modelo innovador de xestión intelixente dos seus activos provinciais (edificios públicos, instalacións polideportivas, mobiliario urbano, etc.) mediante a colaboración dos concellos e a participación dos cidadáns na xestión municipal.
<DepoGap non é máis que a nosa decidida aposta pola xestión intelixente dos bens da provincia>, afirmou Louzán <polo que haberá un antes e un despois  do proxecto en canto ao xeito de xestionar na provincia>.
O presidente destacou que o proxecto dotará aos concellos de información que lles permita optimizar a xestión dos seus activos e axude a tomar decisións eficientes sobre eles. Suliñou que fomentará a participación cidadá coa Administración e que permitirá adquirir o coñecemento necesario sobre a eficiencia enerxética para disminuir o gasto e o impacto medioambiental mediante o uso eficiente dos activos públicos.
Qué inclúe DepoGap
Amancio Varela explicou que DepoGap inclúe realizar un inventario de activos dos concellos da provincia e da propia Deputación; implantar unha Plataforma Tecnolóxica á que terá acceso os concellos para xestionar eses seus activos, así como un cadro de mando integral para que facilite a toma de decisións municipais, e un portal e unha aplicación para dispositivos móbiles que permitan a participación cidadá; e finalmente inclúe realizar probas piloto de eficiencia enerxética sobre ámbetos como a iluminación pública, infraetsruturas deportivas e outros que xenerará un coñecemento necesario para mellorar a xestión.
Amancio Varela asegurou que, coa implantación do proxecto,  <a provincia de Pontevedra será a primeira Administración Intelixente de España>, algo que situará aos concellos e á Administración Local noutro xeito, máis moderno, eficiente, eficaz e con máis aforro, de xestionar pois <o obxectivo principal deste proxecto é dotar os concellos de información interna que lles permita optimizar a xestión dos seus activos municipais e lles axude na toma de decisións>.
Os activos municipais
Por activos municipais enténdese o conxunto de bens, dereitos e recursos que pertencen ó ámbito municipal, por exemplo edificios públicos, instalacións polideportivas, centros sanitarios, centros de ensino, vías públicas, parques e xardíns, iluminación pública, frotas de vehículos, mobiliario e dotacións urbanas, sistemas de auga, de rede de sumidoiros ou colectores, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario