Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 31 de marzo de 2015

LOUZÁN ANUNCIA QUE O VIVEIRO DE EMPRESAS DE BARRO-MEIS ACOLLERÁ A 16 NOVAS FIRMAS E ESTARÁ OPERATIVO A FINAIS DO VINDEIRO VERÁN


  •  As empresas serán seleccionadas pola Cámara de Comercio
  • El polígono apuesta por convertirse en el motor de nuevas firmas de O Salnés y Pontevedra
     O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, anunciou hoxe no curso da súa visita ao polígono industrial de Barro-Meis que o Viveiro de Empresas que se está a construir acollerá a 16 novas firmas, como mínimo, e que está operativo a finais do vindeiro verán.
Louzán, acompañado polo alcalde de Barro, José Antonio Landín, e o presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía, Miguel Falcón, explicou que os novos emprendedores que se ubiquen no Viveiro de Empresas de Barro-Meis serán seleccionados pola Cámara de Comercio. Os tres expresaron a súa confianza en que o polígono se convirta no motor económico das comarcas de Pontevedra, Salnés e Ulla-Umia.

Datos e condicións do Viveiro
O Viveiro de Empresas de Barro-meis foi adxudicado a Copicsa por 1,6 millóns.  A obra está financiada entre Fondos Feder (80%) e Deputación de Pontevedra (20%) e é froito dun acordo da Deputación coa Fundación Incyde para a posta en marcha de dous viveiros de empresas en Barro-Meis e Lalín.
O de Barro sitúase nas parcelas A4 e A5 e funcionará en 5.136 m2 como estrutura de acollida temporal para emprazar empresas nos seus primeiros pasos no mercado. As empresas que se asenten recibirán formación, e a Deputación e o Incyde prestaranlles determinados servizos adaptados as súas necesidades concretas. As empresas instalaranse gratis os dous primeiros anos, soportando só os gastos xerais de mantemento das instalacións.
O proxecto facilitará o labor dos emprendedores, dándolle espazos e servizos adecuados para a posta en marcha das súas iniciativas, e servirá tamén de punto de partida para unha estratexia de impulso do emprendemento e promoción económica en toda a provincia.

Centro Empresarial e Depuradora
Louzán visitou tamén os traballos que se acometen para construir un Centro de Servizos e Apoio Empresarial _con cafetería, servizos, oficiñas, salas multiusos e almacéns_ que foi adxudicado a Construcciones Abal en 898.641 €.  A parcela é de 5.136 m2 e a superficie útil do novo edificio de volumes ortogonais será de 1.200 m2.
O presidente da Deputación lembrou tamén que a institución provincial tén en licitación a construcción dunha Depuradora de Residuais por 1,2 millóns. Ubicaráse na parcela nº 41 do polígono cunha superficie de 1.973 m2.  Será unha planta de depuración con capacidade ampliable no futuro. O caudal medio diario actual será de 23,8 m3 por hora e o caudal punta de horario actual de residuais de 80,2 m3/h.. No futuro, a planta deberá posibilitar caudais medio diario de 47,6 m3/h. e un caudal punta horario de 160,5 m3/h.

O polígono de Barro-Meis tén sete empresas operativas e unha porcentaxe de ocupación _cos 75.194 m2 das 16 parcelas adquiridas por Fróiz_ próximo ao 50%. A Deputación tén aberto un periodo de enaxenación directa de parcelas _nunha superficie de 130.000 €_ ao prezo de 105 €/M2. Este prezo era antes de 125 €/m2

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/barro/2015/03/31/vivero-empresas-barro-meis-arranca-16-proyectos/0003_201503A31C2994.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario