Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 17 de abril de 2015

A Policía Nacional alerta dunha nova estafa bancaria a través de transferencias on line

 Se vostede recibe un SMS ou un correo electrónico no que o seu banco lle indica que por erro lle ingresaron 9.000 euros na súa conta e lle reclaman a súa devolución a través de Internet, acuda á comisaría da Policía Nacional máis próxima porque probablemente está a ser vítima dun intento de estafa. Trátase dun novo procedemento que executa transferencias fraudulentas vía on line, tras infectar o equipo da vítima cun virus.
O modus operandi ponse en marcha cando o usuario accede á súa conta bancaria a través de Internet e procede a comprobar os seus movementos activando o virus. Nese momento recibirá unha mensaxe que lle indica que recibiu unha transferencia de forma errónea por un determinado importe.
Nesa mensaxe invítase a vítima a realizar unha transferencia co obxectivo de reingresar o diñeiro que supostamente lle foi aboado por erro. Entón facilítaselle un enlace directo que inclúe a palabra "devolver".
O método evita que o usuario sospeite ao entender que se trata dunha tramitación oficial polo que accede a través do enlace facilitado polos estafadores a levar a cabo a suposta devolución. Non obstante, o que realmente está a executar é unha transferencia ilexítima do seu diñeiro a unha conta dos propios defraudadores.

http://pontevedraviva.com/xeral/19396/policia-naciona-estafa-bancaria-transferencias-on-line/

No hay comentarios:

Publicar un comentario