Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 13 de abril de 2015

Ana Pastor anuncia que as obras da "circunvalación" A-57 entre Vilaboa e A Ermida arrancarán este verán



A ministra de Fomento, Ana Pastor, anunciou este luns nun almorzo informativo en Pontevedra que as obras do tramo entre Vilaboa e A Ermida da coñecida como "circunvalación de Pontevedra", A-57 arrancarán este verán.

"Se estima que el contrato lo adjudicaremos a finales de mayo o principios de junio y comenzarán las obras a principios del verano", dixo Ana Pastor sobre esta infraestrutura que cualificou como "clave".
Ademais informou que no ano 2015 "vamos a finalizar también la redacción del proyecto en el tramo A Ermida - Pilarteiros".

Tras recordar que Pontevedra é a "única capital de provincia de toda España que carece de una circunvalación real", a ministra rexeitou calquera acusación de favoritismo cara á súa cidade "lo que se ha hecho para Pontevedra y con los pontevedreses no es tratarlos mejor porque la ministra sea de Pontevedra, no. Es tratarlos en igualdad de condiciones que al resto de ciudadanos".

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, presente na conferencia da ministra, sinalou na importancia de que se licite o seguinte tramo dende Pilarteiros ata Barro, coa conexión do Nó de Curro "porque o que ten sentido dá circunvalación é que se conecte como mínimo a autoestrada en Vilaboa cos polígonos industriais do Campiño, da Reigosa e de Barro-Meis" e engadiu que o "normal" é que este vial "teña continuidade ata Porriño" xa que entende que esa é "a única maneira de buscarlle unha alternativa á ponte de Rande".

Neste sentido, Fernández Lores, sinalou que un vial con peaxe como é a AP-9 non pode ser a única alternativa de conexión por estrada entre o norte e sur da provincia, cando a N-550 sofre unha intensidade de tráfico de máis de 25.000 vehículos ao día, polo que sinalou a necesidade de construír unha "estrada interior que garanta que se pasa algo na ponte de Rande teñamos alternativa viaria".

http://pontevedraviva.com/xeral/19280/obras-circunvalacion-a-57-vilaboa-ermida-arrancaran-verano/#/0

No hay comentarios:

Publicar un comentario