Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 24 de abril de 2015

Case 1.000 inscricións para a Pontevedrada 2015



A Asociación de Amigos da Pontevedrada (ASAMPO) que, sen ánimo de lucro, dá viabilidade á devandita iniciativa, ultima con case 1.000 inscricións a organización da quinta Pontevedrada, unha marcha solidaria nocturna e ininterrompida a pe de 63 quilómetros polo Camiño de Santiago dende a cidade do Lérez ata a Praza do Obradoiro compostelana, para concienciar da importancia da doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos.
Pechadas xa as inscricións por correo electrónico, xa só se aceptarán novas entre as 16 e as 18:30 horas do sábado 25 de abril na mesa de recepción instalada na praza da Ferrería, que se pechará oficialmente para todos os marchosos ás 19 horas.
Así mesmo, a organización prega que os "marchosos" veñan coas camisetas vermellas de pasadas edicións ou, no seu defecto, unha peza de cor vermella para dar un ton solidario de vida á saída.
Dado o crecemento gradual de participantes, ASAMPO optou por que cada inscrición sexa voluntaria economicamente para dar viabilidade organizativa a esta iniciativa e tamén colaborar coas asociacións ASANOG -Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia- e ADROVI -Asociación de Doadores e Receptores de Órganos de Vigo-.
A achega voluntaria poderase facer efectiva o sábado na Praza da Ferraría ao retirar a documentación e o número dende as 16 ás 19 horas.
A Pontevedrada arrancará da Praza da Ferraría ás 20 horas do sábado 25 de abril con centos de marchosos solidarios de diversas idades -doadores e non doadores- que efectuarán breves paradas de descanso e refrixerio nocturno en Barro, Caldas de Reis, Valga e Padrón, antes de entrar a mediodía do domingo 26 de abril na compostelá Praza do Obradoiro, onde posteriormente se efectuará no Hostal dos Reis Católicos un sorteo de obsequios doados solidariamente por diversas empresas, entidades e particulares.
ASAMPO recorda de novo que non é obrigatorio completar todo o percorrido da Pontevedrada, e que se conta co apoio loxístico de vehículos particulares e profesionais de asistencia en ruta, así como con cobertura complementaria de grandes vehículos fretados solidariamente.
Finalmente, reitérase a necesidade de que cada marchoso leve chaleco reflectante, lanterna ou frontal e pilas de reposto, un teléfono móbil cargado, bebida e alimentos lixeiros, roupa de abrigo e chuvasqueiro, bastóns de trekking, calzado e calcetíns de reposto e unha pequena caixa de primeiros auxilios. O retorno a casa efectuarase por conta de cada marchoso.

http://pontevedraviva.com/xeral/19549/casi-1000-inscripciones-para-la-pontevedrada-2015/

No hay comentarios:

Publicar un comentario