Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 3 de mayo de 2015

3.413 PERSOAS DISFRUTARÁN DE ESTANCIAS EN BALNEARIOS DA PROVINCIA NO MARCO DO PROGRAMA SAÚDE E BENESTAR 2015 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA





Poderán pasar 6 días e 5 noites en pensión completa en balnearios da provincia a prezos reducidos

·        As solicitudes superan en 413 as prazas ofertadas, pero as propias bases recollen a posibilidade de ampliar o orzamento para dar cobertura a todos os demandantes
·        Os balnearios máis demandados son o Gran Talaso de Sanxenxo e o Talaso Atlántico de Oia
·        O programa vai dirixido a persoas maiores de 50 anos, pensionistas ou dedicadas ao coidado de dependentes que precisen dun respiro familiar
Un total de 3.413 persoas solicitaron participar no programa Saúde e Benestar 2015, co que a Deputación de Pontevedra oferta aos veciños e veciñas da provincia a oportunidade de disfrutar de 6 días e 5 noites en establecementos termais da provincia a prezos reducidos.
Son 413 persoas máis que o total de prazas ofertadas inicialmente, pero as propias bases do programa recollen a posibilidade de ampliar o orzamento para dar cobertura a todos os demandantes.
O programa vai dirixido a persoas maiores de 50 anos, pensionistas ou persoas que precisen dun respiro familiar e ten un dobre obxectivo: por unha banda, busca fomentar o envellecemento activo e ofertar a este colectivo oportunidades de descanso e de lecer a un prezo asequible, e, pola outra, dinamizar o sector turístico, facilitando a actividade económica neste sector en temporada baixa.
Trátase, por tanto, dun programa cun claro obxectivo social, xa que facilita o acceso a turismo de saúde a persoas que doutro modo non poderían beneficiarse da súa dobre función, como período de vacacións e tamén como tratamento sanitario, pero que ofrece tamén bos resultados en termos de sustentabilidade económica para a provincia.
Sete balnearios ofertados
As 3.413 persoas que participarán no programa poderán disfrutar de 6 días e 5 noites en pensión completa, utilizando servizos do spa ou balneario elixido e cun amplo abano de actividades de animación sociocultural. Ademais, disporán de transporte desde o concello de residencia ata o establecemento elixido.
O programa ofertaba prazas en 7 establecementos, O Gran Talaso de Sanxenxo, Spa Carlos I Sanxenxo, Talaso Louxo A Toxa, Talaso Atlántico de Oia, Spa Galatea Sanxenxo, Spa Vía Argentum de Silleda e  Nuevo Astur Villalonga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario