Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 24 de mayo de 2015

A DEPUTACIÓN APROBA A ADHESIÓN DE 38 CONCELLOS E A ADXUDICACIÓN DE 1795 PRAZAS DO PROGRAMA COIDARTE DE TERMALISMO SOCIAL


  • Os balnearios que os acollerán son os de Palacio da Auga, en Mondariz; Talaso, en Oia; Termas de Cuntis; Talaso de Moaña; Illa de A Toxa; e Vía Argentum, de Silleda.
A Deputación de Pontevedra aprobou o venres, na súa xunta de goberno a adhesión de 39 concellos da provincia ao programa de Termalismo Social Coidarte 2015 e adxudicou 1.795 prazas deste programa que vai dirixido a pensionistas, persoas solicitantes dun respiro familiar e outras persoas maiores de 50 anos.
Coidarte tén como obxectivo fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida dos beneficiarios así como impulsar a creación e mantemento do emprego no sector turístico nos períodos de menos actividade deste sector para desestacionalizar a demanda.
Oferta balnearios, spas e  talasos da provincia a prezos reducidos, cunha subvención da Deputación á que se suma a dos 38 concellos adheridos. Os beneficiarios gozan de 5 días consecutivos (de luns a venres) no balneario, facendo uso das súas instalacións durante dúas horas cada día.
Os concellos adheridos son os seguintes:

Agolada
Covelo, O
Marín
Ponte Caldelas
Silleda
Arbo
Cuntis
Meaño
Pontecesures
Soutomaior
Barro
Estrada, A
Meis
Porriño, O
Tomiño
Caldas de Reis
Forcarei
Moaña
Portas
Tui
Cambados
Fornelos de  Montes
Moraña
Redondela
Valga
Cangas
Gondomar
Nigrán
Rodeiro
Vilanova Arousa
Catoira
Grove, O
Pazos de Borbén
Rosal, O

Cotobade
Guarda, A
Poio
Salceda de Caselas


Pola súa banda, os balnearios que acollerán aos 1.795 beneficiarios son os de:
PALACIO DEL AGUA MONDARIZ- BALNEARIO
BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS
BALNEARIO ILLA DA TOXA
TALASO ATLANTICO- OIA
TALASO SPA MOAÑA
VIA ARGENTUM -SILLEDA

No hay comentarios:

Publicar un comentario