Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 24 de mayo de 2015

A DEPUTACIÓN ASINA UNHA PÓLIZA DE CRÉDITO DE 12 MILLÓNS CO BANCO DE SANTANDER PARA ANTICIPOS DE RECADACIÓN AOS 52 CONCELLOS QUE DELEGARON A RECADACIÓN DOS SEUS TRIBUTOS NO ORAL

  • Foi asinada ao Euríbor máis 0,22% mentras que o ano pasado a mesma operación de crédito tivo un Euríbor de máis 1,99%
  • Louzán destaca que o dato pón de releve <cómo variaron as condicións de crédito en España> e suliña que o diferencial supón para a Deputación un aforro de 212.400 euros ao ano.
A Deputación de Pontevedra asinou hoxe co Banco de Santander unha póliza de crédito de 12 millóns de euros que tén como finalidade garantizar as entregas dos anticipos de Recaudación aos 52 concellos que delegaron a xestión dos seus tributos no ORAL, o cal garantiza a liquidez dos axuntamentos da provincia.
Según explicou hoxe en rolda de prensa o presidente da Deputación, Rafael Louzán, a oferta do Banco de Santander resultou gañadora do concurso convocado ao efecto e establece un Euríbor <máis 0,22%>
Louzán destacou que o dato pon de releve non só a boa saúde financieira dos concellos pontevedreses senón tamén, e sobre todo, <cómo variaron as condicións de crédito en España nos últimos tempos>. Así, indicou que, a mesma póliza asinada o ano pasado coa mesma entidade financiera establecía un Euríbor do <máis 1,99%> mentras que este ano o Euríbor é do <máis 0,22%>.
<Tan só ese diferencial supón un aforro para a Deputación de Pontevedra de 212.400 euros nun ano>, conclueu.
Os 52 concellos delegantes no ORAL da recadación dos seus tributos (máis a Mancomunidade e o consorcio do Morrazo) recibeb da Deputación de Pontevedra anticipos a conta da recadación dos seus tributos, cantidades que se cancelan no intre da liquidación definitiva, tralo cobro en Voluntaria.
Según explicou hoxe Louzán en rolda de prensa <esta medida é fundamental para a supervivencia dos concellos pois é un instrumento de financiación real que permite planificar a súa Tesourería sin costes adicionais, de tal xeito que non precisan acudir a entidades financieiras para concertar operacións a corto prazo>.
Nos últimos anos, a Deputación ven entregando aos citados 52 concellos unha cantidade próxima aos 50 millóns de euros. A entrega realízase mes a mes, de xaneiro a outubro. O importe do anticipo calcúlase sobre o 100% da recadación de cada tributo (IBI, IAE, vehículos) do ano anterior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario