Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 30 de mayo de 2015

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA REALIZOU ONTE Á MAÑÁ O SORTEO DAS PRAZAS DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN





·       Os resultados serán publicados na páxina web da institución e os pais dos nenos admitidos recibirán unha mensaxe de texto (sms) no seu teléfono que facilitaron na solicitude
·       Estableceuse unha lista de espera para cubrir aquelas as vacantes que queden por non realizar o pagamento nos prazos establecidos ou rexeitar  a praza asignada.

Onte á mañá realizouse no edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra o sorteo das prazas para os campamentos de verán de A Lanzada e Príncipe Felipe. 

Seguindo as normas establecidas nas bases da convocatoria, o reparto das prazas realizouse mediante un complexo sistema informático cuxos resultados se publicarán hoxe na páxina web da Deputación.   Asimesmo, os datos desa resolución,  a admisión no campamento de destino e quenda asignada tamén será comunicada mediante un SMS aos pais dos nenos e nenas solicitantes.  Os proxenitores  recibirán unha mensaxe de texto dando conta do resultado  que lles compete ao número de teléfono que facilitaron na solicitude. 

Asimismo nesa mensaxe de texto tamén recibirán un código co que terán que realizar o pago da praza no tempo establecido.  Este abono poderase facer vía telemática, introducindo o código que se lles facilitou na SMS ou en persoa, nalgunha das oficinas da  entidade bancaria establecida para efectuar o abono (terán que indicar tamén o código asignado)

 No caso de que non se cumpra cos requisitos establecidos (non realizar o pagamento no prazo establecido)ou se renuncie á praza asignada, hai unha lista de espera para nenos e nenas que non foron seleccionados no sorteo  realizado onte á mañá.

3.980 solicitudes para A Lanzada e Príncipe Felipe
Segundo os datos presentados polo director do Centro Príncipe Felipe, José Manuel Fernández, este ano presentáronse preto de 4.000 solicitudes para estes campamentos de verán organizados pola Deputación de Pontevedra. 3.379 solicitudes para a  Lanzada e 601 para Príncipe Felipe.

No caso dos campamentos da Lanzada ofertábanse 2.206 prazas e  presentáronse 3.379 solicitudes. Delas, 3.353 foron admitidas mentras que  26 se excluiron por presentar a documentación fóra de prazo, non ter a idade requirida, presentar datos contraditorios, falta de documentación ou a renuncia dos pais. Estes campamento organizaranse en 11 quendas do 21 de xuño ó 5 de setembro. 

No caso de Príncipe Felipe convocáronse 300 prazas para as que se presentaron 601 solicitudes das  só se rexeitaron 2. Estes campamentos organizaranse en 6 quendas durante os meses de xuño e setembro.
Nestes campamentos de verán poden participar os nenos residentes na provincia nacidos entre 2002 e 2007. O prezo é de 83,60 euros por neno.

Os participantes desenvolverán diversas actividades coma xogos e deportes, actividades na praia, ó aire libre, relacionadas coa natureza e medio ambiente, artísticas, de teatro e contacontos, de baile, e outras actividades culturais

No hay comentarios:

Publicar un comentario