Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 20 de mayo de 2015

A ESCOLA DE CANTEIROS ABRE O PRAZO DE PREINSCRIPCIÓN PARA O CURSO 2015-2016





 As persoas interesadas xa poden presentar a súa solicitude ata o 31 de xullo no Rexistro da Deputación de Pontevedra  ou a través da rede na propia páxina web da Escola. Esta modalidade on-line estará dispoñible ata o 31 de agosto.
A Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra ven de abrir o prazo de preinscripción nas titulacións ofertadas no centro para o vindeiro curso 2015-2015.
No centro poden cursarse as titulacións oficiais de Canteiro e Mestre Canteiro, pero tamén se ofrece a posibilidade de obter  unha formación específica en pedra (Cantería; Modelado; Escultura; Debuxo técnico; Debuxo artístico; Historia da Arte; Construcción).
Nos cursos de Canteiro poden inscribirse todos os menores de 35 anos que teñan o graduado escolar. Para cursar a especialidade de Mestre de Canteiro, os interesados deben estar en posesión do título de Canteiro.
 Os cursos de formación específica, van dirixidos a aqueles canteiros que desexen perfeccionar a súa técnica, artesáns ou calquera outra persoa interesada en aprender a técnica de canteiría e escultura.

Ata o 31 de xullo
As persoas interesadas en cursar estudos na Escola de Canteiros dispoñen de prazo ata o vindeiro 31 de xullo para presentar as súas solicitudes.  A preinscripción pode realizase  no Rexistro da Deputación ou  mediante a rede na propia páxina web da  Escola. www.canteiros.depo.es.
Este prazo de preinscripción ampliarase durante o mes de agosto (do 1 ao 31) pero só para a modalidade on-line a través da páxina web da  Escola. 
Máis de mil canteiros formados en Poio
Na actualidade, 300 estudantes formados na Escola de Pontevedra traballan de canteiros ben na industria, ben nos máis dun cento de obradoiros profesionais que hai repartidos por toda Galicia.
Artesáns que  co seu traballo recuperaron, só nos útimos catro anos, máis de medio cento de bens e inmobles do patrimonio cultural e arquitectónico de Galicia e países como México ou Arxentina.
Dende a súa creación por parte da Deputación de Pontevedra, máis de mil artesáns e profesionais da pedra formáronse no centro de referencia de Poio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario