Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 26 de mayo de 2015

Landín: «Non houbo nada raro, nin comín ningún neno nin violei un camareiro»



«Nestes catro anos non tivemos un mal mandato, desatascáronse moitos asuntos pendentes e avanzamos moito. Non houbo nada raro, nin comín ningún neno nin violei ningún camareiro, así que penso que o que se votou en España o 24M foi un referéndum ao PP a nivel nacional»
«A clave estivo na participación, porque moitos dos que en teoría se tiñan que mobilizar quedaron na casa, e tamén nos nulos e en branco, que sumaron máis de 50», señaló, para añadir que «os que se abstiveron ou votaron nulo fixérono por desacordo co PP, non conmigo. Estou seguro».
Con respecto á repartición de votos por mesas, a renovación do electorado parece terse sumado á abstención en contra de Landín. Así, aínda que foi a lista máis votada, en moitas quedou por debaixo da metade dos sufraxios. Particularmente rechamante é o igualados que estiveron os resultados en Perdecanai, con 259 votos para o PP, 216 para o BNG e 96 para o PSOE. Do mesmo modo, en Curro os ‘populares’ obtiveron 181 apoios, fronte aos 136 do BNG e os 112 do PSOE.

redirector.kioskoymas.com/portada/lector/3864

No hay comentarios:

Publicar un comentario