Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 13 de mayo de 2015

MEDIO RURAL COMPROBA A EXECUCIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DE CATRO CAMIÑOS NO CONCELLO DE BARRO


§         O xefe territorial de Medio Rural e Mar, Miguel Dubois, visitou os traballos en compaña do alcalde da localidade, José Antonio Landín Eirín
§         As obras permiten mellorar estradas rurais dos lugares de Fonte do Curro, Triabá, Coruto e Ansós

O xefe territorial de Medio Rural e Mar da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, Miguel Dubois, comprobou esta mañá, en compaña do alcalde de Barro, José Antonio Landín Eirín, o avance das obras de mellora de catro camiños rurais deste concello, executadas a través do Plan Marco.

Os traballos leváronse a cabo nos lugares de Fonte do Curro, Triabá, Coruto e Ansós, nas parroquias de Curro, Perdecanai, Barro e A Portela.

As obras tiveron como obxectivo a mellora dos accesos en catro puntos do concello para garantir a seguridade vial, executándose ensanches e pavimentacións para acadar uns camiños rurais máis axeitados.

No caso da Fonte do Curro, na parroquia de Curro, contemplouse o ensanche dunha estrada que da acceso a un gran número de vivendas, que discorre pola parte traseira do aparcadoiro da Taberna do Rei, mellorándose o enlace actual coa estrada xeral que parte da glorieta da PO-531 ata o polígono industrial de Barro-Meis. Deste xeito, delimitouse a nova marxe da estrada cun muro de contención de cachotaría de 88 metros de lonxitude e dun metro de altura, estendéndose unha capa de zahorra en toda a superficie da finca.

En Triabá, na parroquia de Perdecanai, acondicionouse a estrada que chega ata o núcleo rural dende o sur, facendo unha limpeza das marxes e unha apertura de cunetas ao longo de 570 metros. Tamén se pavimentaron tres zonas distintas do ensanche de distintas lonxitudes, mediante unha capa de zahorra e outra de mestura bituminosa en quente, estendéndose unha capa de aglomerado no tramo final para a mellora da zona do ensanche e o cruce coa estrada principal. Ademais, renovouse un tramo da rampla de formigón deteriorada e un pozo de drenaxe que se atopaba derruído.

No lugar de Coruto, na parroquia de Barro, o vial foi ampliado, xa que era moi estreito, ata acadar un ancho total de 4,30 metros na zona final. A pavimentación definitiva fíxose con mestura bituminosa en quente. E en Anxos, na parroquia de Portela, a estrada atopábase completamente deteriorada, polo que se levou a cabo a apertura de cunetas ao longo de 530 metros e aplicouse unha capa de aglomerado en quente. 

O xefe territorial da Xunta en Pontevedra aproveitou a visita a Barro para agradecer a colaboración dos alcaldes pola súa colaboración no desenvolvemento destes programas que “poñen de manifesto a sintonía da administración autonómica e os concellos para levar a cabo os programas deseñados para alcanzar unha mellora da calidade de vida da poboación rural”. 

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/05/13/medio-rural-comprueba-ejecucion-obras/1238997.html


No hay comentarios:

Publicar un comentario