Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 22 de mayo de 2015

O CEIP Amor Ruibal elixiu ao grupo "Os da Ría" como gañadores este ano do premio MIMI.



O CEIP Amor Ruibal de Barro entregará o próximo mércores, 3 de xuño, o Premio MIMI que recaeu nesta séptima edición no grupo “OS DA RÍA”, ideado por Carlos Meixide e Tomás Lijó, e musicado por Suso Alonso, Xabier Olite, Ramón Reynolds e Roi fernández. O galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega.
A candidatura de “OS DA RÍA” foi proposta pola Real Academia Galega e impúxose ás outras catro recadadas polo alumnado de 5º curso de Primaria despois de remitir as bases do concurso a institucións, organismos e asociacións.
As restantes candidaturas foron as de Miguel de Lira, proposta pola Asociación Cultural Barosa; a Asociación Galega de Escritores, polo Obradoiro Río Umia; Carlos Negro, polo IES de Barro e a Asociación Cultural Barosa, polo blogue Novas de Barro
O premio consiste nunha talla en madeira de MIMI, a mascota do colexio, realizada polo artista local de proxección internacional Francisco Rodríguez Remiseiro, baseada no debuxo da exalumna Aroa Outón.
O acto será ás 12 horas na biblioteca de Barro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario