Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 25 de junio de 2015

86 PEMES DA PROVINCIA CONSOLIDÁRONSE COMO EMPRESAS INNOVADORAS MEDIANTE O PROGRAMA PROPONTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA





·       14 empresas de Pontevedra naceron ao abeiro deste proxecto
·       O prestixioso bróker internacional, Josef Ajram será o encargado de clausurar o programa esta tarde dando conta da súa propia experiencia. “Nunca peches os ollos,  mira de frente ás adversidades”

A Deputación de Pontevedra acolleu este mércores a xornada de clausura do proxecto PROPONTE. Unha sesión na que se deu conta dos resultados do acadados trala posta en marcha  deste acelerador de empresas ao que sumaron 86 empresas da provincia.
Comarca
Nº de
empresas
Concellos
Deza-Tabeirós
3
Lalín,  Rodeiro e Forcarei
Caldas
2
Caldas de Reis e Moraña
Salnés
16
Cambados, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa
Pontevedra
13
Barro, Pontevedra
O Morrazo
12
Bueu e Marín
Vigo
36
Soutomaior, Baiona, Redondela, Gondomar, Mos, Nigrán e Vigo
Condado- Paradanta
4
Mondariz, Ponteareas e Salvaterra de Miño
Baixo Miño
1
Tui
TOTAL
86







Programa PROPONTE
Concebido como un servizo de consultoría e asesoramento  empresaial individualizado, o obxectivo de PROPONTE propiciou un pulo innovador ás pemes da provincia e mellorar a súa competitividade  dentro do tecido empresarial. Ese foi o motor da posta en marcha do programa PROPONTE por parte da Deputación de Pontevedra e a Fundación Escola de Organización industrial (EOI). Un 52,2% das pemes adheridas a PROPONTE teñen menos de 2 anos; o 18,8%, entre 2 e 5 anos, e o 29% restante levan máis de 5 anos funcionando.
Actividade IAE
% de empresas
Industrias transformadoras dos metais
3,49
Outras industrias manufactureiras
11,63
Construcción
2,33
Comercio, hospedaxe, restaurantes e reparacións
43,02
Transporte e comunicacións
17,44
Institucións financieiras, seguros, servicios prestados a empresas de aluguer
10,47
Outros servicios
11,63

O asesoramento profesional e gratuito proporcionado permitiu que estas pequenas e medianas empresas se consolidasen como empresas innovadoras evitanto o risco de fracasar no seu primeiro ano de vida.
Asimesmo, as empresas dispuxeron dun diagnóstico individual co que detectar as capacidades da compañía para deseñar e implantar os programas de innovación axeitados á súa actividade, así como identificar as oportunidades de negocio para mellorar a súa xestión e desenvolver productos de maior viabilidade. 
“Nunca peches os ollos,  mira de frente ás adversidades”
A xornada contou ademais coa participación do prestixioso bróker internacional, Josef Ajram. Coach e triatleta barcelonés que deixou entrever os segredos que emprega todo bo inversor valéndose no relatorio da súa propia experiencia en dous mundos que nada teñen que ver: o deporte e a economía. Dous ámbitos que se renden a unha fórmula maxistral baseada na constancia, a disciplina, o cálculo de posibilidades e capacidades e unha gran dose de sentido común, segundo o propio Josej Ajram.
O bróker catalán repasou temas como a loita polos obxectivos, afrontar as dificultades que imposibilitan chegar á meta perseguida, o esforzo, a vontade e a constancia como chaves do éxito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario