Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 13 de junio de 2015

A COMISIÓN EUROPEA CONCEDE Á DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA UN MILLÓN € PARA UN PROGRAMA POLO QUE TITULADOS DE CICLOS MEDIOS DE FP FACERÁN PRÁCTICAS LABORAIS EN EMPRESAS OU INSTITUCIÓNS EUROPEAS


O programa, denominado Practicum Depo 2015, está orientado a completar a formación dos xoves, a mellorar o seu dominio dos idiomas e a ampliar as súas posibilidades de inserción laboral, según explicou hoxe en rolda de prensa o vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa.

As bolsas Erasmus+, que a Deputación de Pontevedra solicitou ao Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos para a edición de 2015, van destinadas a mozos e mozas recén titulados en ciclos medios de FP.

Varios centros de FP da provincia se sumaron a este proxecto para enviar a Europa aos seus alumnos que realizarán prácticas de 6 meses en empresas privadas ou organismos públicos de diferentes países europeos, preferentemente de fala inglesa. 

Trátase de prácticas moi ben remuneradas e de gran calidade pois os alumnos irán a países nos que hai mellores posibilidades de formación e práctica en cada unha das especialidades que oferten. Os bolseiros estarán nos seus destinos en agosto ou setembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario