Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 29 de junio de 2015

MÁIS DE 200 FOGARES PONTEVEDRESES XA RECIBIRON O SEU KIT DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DO PROXECTO DEPOGAP







243 familias pontevedresas solicitaron xa participar na proba piloto de eficiencia enerxética que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha no marco do proxecto depoGAP. Esta iniciativa ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía do uso eficiente da enerxía nos fogares.

Consultar o consumo enerxético en tempo real
Para o desenvolvemento desta proba é necesario instalar, en cada un dos fogares participantes, un kit domótico que proporciona as ferramentas de control necesarias que permiten monitorizar e optimizar os consumos nos fogares. Trátase dun contador de enerxía, un detector de apertura e peche de portas, un sensor de luminosidade e un medidor de consumo eléctrico.
Estes instrumentos, que se instalan de forma gratuíta nos fogares, encárganse de realizar as medidas de consumo enerxético nas vivendas, o que lle permite a cada participante consultar en tempo real o consumo enerxético no seu fogar durante un período de seis meses.
É importante destacar que as familias que participan nesta proba reciben unha formación previa cos conceptos e fundamentos prácticos necesarios. O obxectivo final desta proba é que cada familia extraa conclusións sobre os seus consumos enerxéticos, de maneira que poidan establecer medidas de aforro enerxético aplicables nos seus fogares.
44 técnicos especializados na materia encargáronse tanto da instalación dos equipos nos fogares participantes na proba como da formación das familias colaboradoras.
A posta en marcha deste proxecto, permite obter datos estatísticos sobre o gasto enerxético que serán a base  das guías de boas prácticas que se queren elaborar para utilizar en futuras campañas de sensibilización enerxética.

O proxecto depoGAP
Esta iniciativa pertence ao proxecto depoGAP, promovido pola Deputación de Pontevedra e cofinanciado nun 70% a través de fondos europeos Feder.
DepoGap  pretende promover un novo modelo de xestión dos activos públicos a través das novas tecnoloxías contando coa colaboración e participación cidadá.
As familias que pertenzan a un concello de menos de 50.000 habitantes e estén interesadas en unirse ao proxecto, aínda poden inscribirse na páxina web www.depo.es/depoGap, páxina na que ademais se informa dos requisitos necesarios para adherirse a esta iniciativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario