Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 8 de junio de 2015

O CENTRO DE ACOLLIDA DE ANIMAIS ABANDONADOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PROMOVEU MÁIS DE 700 ADOPCIÓNS DE MASCOTAS



Dende a posta en marcha do centro de acollida de Armenteira, en Meis, en abril de 2013, o CAAN realizou máis de 4.500 intervencións nos  50 concellos adheridos ao servizo
·       Esta fin celebrarase en Pontevedra o IV Congreso Veterinario do Noroeste con poñentes de recoñecido prestixio internacional
·       400 profesionais abordarán temas de especial interese na pediatría veterinaria
Fomentar o dereito á vida dos animais, promocionar as adopcións e a erradicación do seu abandono. Son os piares sustentan o servizo do Centro de Acollida de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra. Centro que dende a súa posta en marcha en abril de 2015 xa realizou máis de 4.500 intervencións e promoveu máis de 400 adopcións de mascotas.
Cun gran equipamento técnico e de persoal para tratar de paliar as consecuencias do abandono, prestándolles a estes animais as atencións necesarias (atención veterinaria, alimentación, vacinación, desparasitación...), o CAAN atende especialmente ao pequenos  concellos que non contan cos recursos necesarios para prestar adecuadamente as súas competencias municipais en materia medioambiental.
 Na actualidade, 50 son os concellos adheridos a este servizo provincial de recollida de animais domésticos abandonados que se rexe segundo o establecido no convenio de colaboración aprobado en xullo de 2012 cos concellos de menos de 50.000 habitantes.
Por concellos, no de Meis fixéronse 285 intervencións, seguido de Vilanova con 262, A Estrada 231, Redondela 229 e Gondomar 225.
Segundo o presidente do Colexio de Veterinarios de Pontevedra,  Luis Núñez, o “CAAN é un centro de referencia nacional no  tocante á xestións dos animais abandonados”. Así o puxo de manifesto na presentación do IV Congreso de Veterinaria do Noroeste que se vai celebrar esta fin de semana en Pontevedra
IV Congreso  de Veterinaria do Noroeste
 Os días 5,6 e 7 de xuño, o Pazo da Cultura de Pontevedra volverá ser o escenario do IV Congreso de Veterinaria do Noroeste no que 400 profesionais abordarán cuestión relativas á pediatría veterinaria (microscopía, cirurxía sen sangrado, ecografía, anestesia, ecocardiografía, patoloxías neonatais, patoloxías oculares no cachorro,  enfermedades infecciosas, vacinas, etc)
Organizado en máis de 20 conferencias e obradoiros, o Congreso reunirá a poñentes de primeira fila e referentes de recoñecido prestixio internacional como Giordana Zanna, Oriol Domenech, Vanessa Carballés, Josep Arús, etc
Este congreso, que conta tamén coa colaboración do concello de Pontevedra, enmárcase dentro das actuacións levadas a cabo pola Deputación para a promoción e  a protección do medio ambiente e o fomento do sector primario da provincia.
II campaña contra o abandono dos animais
Este  congreso servirá de escaparate da a II campaña contra o abandono dos animais que ten en marcha a Deputación co lema E ti de quen ves sendo? Unha iniciativa coa que se quere informar da obrigación de identificar aos cans e resolver as dúbidas máis frecuentes respecto qué é un microchip, qué ventaxes ofrece ou quen o pode pode implantar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario