Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 8 de junio de 2015

PARTICIPAN EMPRESAS DE BARRO. A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN EOI ORGANIZAN XORNADAS DE INNOVACIÓN EMPRESARIAL EN CAMBADOS, VIGO, PONTEAREAS, PORRIÑO, LALÍN E PONTEVEDRA





·       Durante o mes de xuño celebraranse 6 xornadas formativas nos centros Provinciais de Asesoramento Empresarial (CPAE 2.0)
·       Josej Ajram, prestixioso bróker internacional,  desgranará os segredos de todo bo inversor nunha ponencia que pechará o programa o 24 de xuño na Deputación de Pontevedra (sede Turismo Rías Baixas)
·       86 empresas da provincia sumáronse ao programa PROPONTE, acelerador da innovación empresarial como chave para mellorar a competitividade das pemes (36 empresas de Vigo, 15 do Salnés, 13 de Pontevedra, 12 de O Morrazo, 4 de Condado-Paradanta, 3 de Deza-Tabeirós, 2 de Caldas e 1 de Baixo Miño)

Difundir entre o tecido empresarial da provincia os beneficios da innovación na xestión empresarial, financieira e asociativa para mellorar a competitividade das pemes. Ese é o obxectivo  do programa de actividades que ao abeiro do proxecto PROPONTE se van desenvolver ao longo deste mes de xuño nos centros CPAE 2.0 da provincia. 
Sesións en Aberto
Seis sesión formativas nas que expertos asesores de INDRA e a Fundación Escola de Organización Industrial (EOI) darán contas da importancia da creatividade e a innovación para mellorar a competitividade dentro do tecido empresarial. Así como da necesidade de implementar plans estratéxicos para mellorar as vendas. Estas xornadas desenvolveranse nos Centros Provinciais  de Asesoramento Empresarial, CPAE 2.0 da provincia co fin de permitirlle unha maior dipoñibilidade ás empresas participantes.
DÍA
CPAE2.0

HORARIO
9 de xuño
Cambados
“Creativididade e Innovación”
17.30-20.00
10 de xuño
Vigo
“Implantación dunha técnica de venda”
17.30-20.00
11 de xuño
Ponteareas
“Creativididade e Innovación”
17.30-20.00
15 de xuño
Porriño
Creativididade e Innovación”
17.30-20.00
16 de xuño
Lalín
Creativididade e Innovación”
17.30-20.00
17 de xuño
Vigo
Creativididade e Innovación”
17.30-20.00

Josef Ajram na sesión de peche do proxecto
O 24 de xuño, a Deputación de Pontevedra, na súa sede de Rías Baixas acollerá a xornada que porá fin ao proxecto. Unha sesión na que se dará conta dos resultados do proxecto PROPONTE e dos beneficios que da innovación empresarial tamén se desprenden no conxunto da sociedade.
A xornada contará ademais coa participación dun prestixioso bróker internacional, Josef Ajram. Coach e triatleta barcelonés que vai desgranar os segredos de todo bo inversor tendo en conta a súa propia experiencia en dous mundos que nada teñen que ver o deporte e a economía pero que se renden a unha fórmula maxistral baseada na constancia, a disciplina, o cálculo de posibilidades e capacidades e unha gran dose de sentido común.
 Josef Ajram repasará temas como a loita polos obxectivos, afrontar as dificultades que imposibilitan chegar á meta perseguida, o esforzo, a vontade e a constancia como chaves do éxito.

 Programa PROPONTE
Dar un pulo innovador ás pemes da provincia e mellorar a súa competitividade  dentro do tecido empresarial. Ese foi o motor da posta en marcha do programa PROPONTE por parte da Deputación de Pontevedra e a Fundación Escola de Organización industrial (EOI) e ao que sumaron 86 empresas da provincia. O asesoramento profesional e gratuito proporcionado permitiu que estas pemes se consolidasen como empresas innovadoras evitanto o risco de fracasar no seu primeiro ano de vida.
Comarca
Nº de empresas
Concellos
Deza-Tabeirós
3
Lalín,  Rodeiro e Forcarei
Caldas
2
Caldas de Reis e Moraña
Salnés
15
Cambados, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa
Pontevedra
13
Barro, Pontevedra
O Morrazo
12
Bueu e Marín
Vigo
36
Soutomaior, Baiona, Redondela, Gondomar, Mos, Nigrán e Vigo
Condado- Paradanta
4
Mondariz, Ponteareas e Salvaterra de Miño
Baixo Miño
1
Tui
TOTAL
86


Un 52,2% destas empresas teñen menos de 2 anos de creación, o 18,8% teñen entre 2 e 5 anos de vida, e o 29% restante levan máis de 5 anos funcionando.
A adhesión a este programa permitiulle ás empresa adheridas dispoñer dun diagnóstico individual previo co que detectar as capacidades da compañía para deseñar e implantar os programas de innovación axeitados á súa actividade. Así como identificar as oportunidades de negocio para mellorar a súa xestión e desenvolver productos de maior viabilidade. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario