Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 8 de junio de 2015

Un condutor sen carné foxe da Garda Civil e a Policía a toda velocidade entre O Vao e A Lanzada



Dez axentes da Garda Civil de Tráfico e a Policía Nacional de Pontevedra lograron dar alcance este venres a un vehículo que protagonizou unha espectacular fuga pola autovía do Salnés a gran velocidade e facendo manobras moi peligrosas. Ademais, conseguiron deter os seus tres ocupantes, todos con antecedentes policiais.
O condutor non tiña permiso de conducir e rematou detido por condución temeraria e por un delito de desobediencia á autoridade e resistencia. Os outros dous ocupantes foron detidos polo segundo delito por resistirse cando as patrullas da Policía Nacional e Tráfico lograron darlle o alto, segundo puido saber PontevedraViva.
Todo comezou nas inmediacións do poboado chabolista do Vao. O vehículo en cuestión fuxiu dunha patrulla da Policía Nacional en dirección á estrada de Vilagarcía, de modo que comezou unha persecución na que, á altura de Curro (termo municipal de Barro) se incorporou a Garda Civil de Tráfico.
A fuga seguiu en dirección ao Grove pola autovía do Salnés. Durante todo o percorrido, o condutor circulou a velocidades moi elevadas e realizou manobras manifestamente temerarias que puxeron en perigo a integridade do resto de condutores que utilizaban a vía. As Forzas de Seguridade conseguiron darlle o alto nas inmediacións da Lanzada.
O operativo implicou catro axentes da Policía Nacional e seis axentes de Tráfico e, segundo resaltaron dende a Comandancia da Garda Civil, a coordinación entre todos eles permitiu a detención dos tres ocupantes. Os tres serán postos a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Cambados, en funcións de garda este venres.

http://pontevedraviva.com/xeral/20583/un-conductor-permiso-huye-guardia-civil-policia-velocidad-vao-lanzada/

No hay comentarios:

Publicar un comentario