Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 6 de julio de 2015

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PRESENTA UN LIBRO CON TODAS AS FESTAS DE INTERÉS TURÍSTICO INTERNACIONAL, NACIONAL E AUTONÓMICO DA PROVINCIA




·       Nesta primeira tirada, publicáronse 1.500 exemplares en inglés e en castelán editados  en  formato ficheiro para poder actualízalo ano a ano.
·       Unha guía que recolle cronoloxicamente todas as características de todas as celebracións  culturais, gastronómicas, históricas e relixiosas  declaradas de interese turísticos 

A deputada Ana I. Vázquez presentou esta mañá aos medios de comunicación o libro de festas editado pola Deputación de Pontevedra para dar coñecer as preto de 50 celebracións de interese turístico internacional, nacional e autonómico que teñen lugar na provincia.
Concebido a modo de ficheiro  quere  “dar a coñecer a importancia desta provincia de festas, de cultura, de tradicións e de historia. O turismo cultural é un turismo en auxe nos últimos anos e queríamos facer un repaso cronolóxico destas festas declaradas de interese turístico.

1.500 exemplares en inglés e castelán
 Editado por Turismo Rías Baixas, o libro preséntase como unha guía, permite que a información sobre estas festas se poida actualizar ano a ano incluíndo as celebracións que vaian adquirindo a declaración de interese turístico nacional, internacional e autonómico. No libro recóllense detalles históricos, particularidades, datas, características, organización, títulos etc que acompañados de imaxes e fotografías ofrecen unha completa información de cada un dos festexos.
 Nesta primeira tirada publicáronse 1.500 exemplares. 1.000 en castelán e 500 en inglés “porque está dirixido moi especialemente aos turistas que nos visitan dende fóra de Galicia”, segundo puxo de manifesto a deputada. 

Máis de 40 festas de interese turístico
O libro recolle as distintas celebracións festivas que teñen lugar na provincia para resaltar, promocionar ou festexar os seus produtos, a súa espiritualidade, a súa singularidade ou o seu pasado.  Medio cento de celebracións Gastronómicas (39%), Culturais (27%), Relixiosas (27%),  e Históricas (7%) que se  organizan segundo o seu distintivo turístico.

8 son de Interés Turístico Nacional (O Cocido, a Arribada, o Marisco, o Albariño e a Festa da Auga en Vilagarcía),  3 de Interés Turístico Internacional (O Corpus, a Rapa das Bestas de Sabucedo e a Romaría Vikinga), e 36 festas de interese turístico autonómico (a Reconquista, o Belén de Valga, as Danzas de Cangas, o Millo Corvo de Bueu, o Entroido de Cobres, os Xenerais do Ulla, o Requeixo de As Neves, O Xamón de A Cañiza, a Feira Franca, a Lamprea, a Ostra, a Troita, o Carneiro ao Espeto, o Choco, o Corpus de Redondela, a do Gaiteiro de Soutelo, o Galo de Curral, a Festa do Monte de A Guarda, o Salmón, a Empanada de Bandeira, o San Martiño de Moaña, o San Miguel e as danzas de espadas de Marín, o San Telmo de Tui, a Festa da Anguia e Caña de Valga, a Vieira, o Lacón con grelos, a Tortilla de Laro, a Virxe da Franqueira, o San Benitiño, os Aflixidos de Bouzas, a Semana Santa de Cangas e a Semana Santa de Paradela).  

Celebracións ás que hai que sumar as engadidas recentemente á guía: a festa da Lagosta de A Guarda, a da Rosa en Mos,  a do Mexillón e o Berberecho en Vilanova de Arousa e a festa da Ameixa de Carril en Vilagarcía. 

Celebracións de gran tradición que sitúan a “provincia de Pontevedra, pioneira  na fusión da devoción coa diversión, entre as primeiras de España no número de festas de interese turístico”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario