Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 30 de agosto de 2015

A ESTACIÓN DO AREEIRO ADVIRTE DE PODREMIAS NAS MACEIRAS E OBSERVA NORMALIDADE NAS VIÑAS


É o mellor momento para iniciar a colleita dos froitos de camelia
A páxina web de Areeiro ten xa colgados os avisos fitosanitarios desta semana (http://www.efa-dip.org) que advirten de podremias nas maceiras e reflexan a situación de normalidade que están a pasar as viñas.
Segundo o informe da Unidade de artrópodos e control integrado, dirixida pola enxeñeira Rosa Pérez Otero,  nas parcelas de seguimento non se observan incidencias fitosanitarias realmente destacables a pesar de que o clima se mantivo húmido e caloroso dende a emisión do aviso anterior.
En canto ao mildiu, unicamente se detectaron algunhas manchas nos brotes máis tenros dalgún terreo, pero a súa incidencia non é xeral a pesar de haber repetidamente condicións de infección. Por outro lado, as uvas están sanas, sen indicios de botritis ou outras podremias típicas da maduración (nin nas variedades máis sensibles), e só se observan algúns acios con golpes de sol.
En canto aos insectos, as capturas de Lobesia botrana nas trampas seguen bastante elevadas, pero se a vendima se produce nas datas previstas as eirugas xa non provocarán penetracións que poidan ter un efecto significativo sobre a botritis. Pola súa banda, os cicadélidos seguen en poboacións limitadas e non recollemos ningún exemplar de Scaphoideus titanus en ningunha das trampas que hai instaladas.
Por outro lado, detectouse algún acio terminal con presenza de acariosis nun terreo.
Maceiras
No referente ás maceiras, esta semana houbo condicións favorables ao moteado, pero en xeral non se apreciaron novas manchas. Tampouco houbo capturas de Cydia pomonella, a 'polilla' da maceira.
A incidencia fitosanitaria máis salientable neste cultivo é que algúns froitos presentan podremias e están a caer. "Como sempre dicimos, é conveniente a retirada desta froita para evitar a entrada de fungos oportunistas
como botritis", advirten os técnicos.
Camelias
Por outra banda, dende a estación fitopatolóxica indican tamén que é o momento de iniciar a colleita dos froitos de camelia nas que están as sementes coas que en Areeiro se fai o aceite virxe de camelia. Trátase dun aceite de tipo seco, de excelente calidade polas súas propiedades hidratantes, cicatrizantes e bactericidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario