Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 25 de agosto de 2015

A XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN ADXUDICA O PROXECTO E EXECUCIÓN DA ESTACIÓN DEPURADORA DO POLÍGONO DE BARRO-MEIS


A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, aprobou en sesión extraordinaria, a adxudicación do contrato de redacción do proxecto e execución da obra da Estación Depuradora de Augas Residuais (Edar) do polígono industrial de Barro-Meis, á UTE Edar Barro Meis constituída polas empresas “Unika Proyectos y Obras S.A.U.” e “Altuna y Uría S.A.”.

Ao concurso presentáronse dez empresas e foi adxudicado á UTE Edar Barro Meis por un importe de 980.169,58 euros e un prazo máximo de execución das obras de 9 meses.

A nova Estación Depuradora dará servizo a un importante número de firmas que xa están instaladas neste parque industrial, que ocupa unha superficie de case 500.000 metros cadrados, no que aínda hai 51 parcelas a disposición das empresas e que están á venda directa ata o 17 de decembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario