Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 24 de septiembre de 2015

Barro incluido. A Deputación adxudica o servizo de recollida e tratamento de vehículos abandonados nos concellos de menos de 50.000 habitantes



A empresa Vigoto Uno S.L. prestará o servizo durante dous anos con custo cero para os municipios
A Deputación de Pontevedra adxudicou á empresa Vigoto Un S.L. o contrato polos próximos dous anos para o servizo de recollida, transporte, descontaminación e tratamento de vehículos  declarados residuos urbanos nos 44 concellos da provincia con poboación inferior aos 50.000 habitantes xa adheridos, e nos que desexen adherirse, ao Convenio de Xestión de Vehículos fóra de uso, para o seu posterior tratamento e desmonte con destino á súa reutilización ou reciclaxe por centros autorizados. Ao concurso, por procedemento aberto,  presentáronse dúas empresas obtendo Vigoto Un S.L. a maior puntuación.
Desta forma a Deputación de Pontevedra dá resposta ao incremento do número de automóbiles abandonados nos distintos municipios da provincia coa consecuente contaminación ambiental e visual que provoca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario