En Barro, a Asociación Cultural Coral Polifónica de Barro e a Hermandad de Veteranos Legionarios de Galicia.A DEPUTACIÓN DESTINA PRETO DE 120.000 EUROS A AGRUPACIÓNS MUSICAIS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 25 de septiembre de 2015

En Barro, a Asociación Cultural Coral Polifónica de Barro e a Hermandad de Veteranos Legionarios de Galicia.A DEPUTACIÓN DESTINA PRETO DE 120.000 EUROS A AGRUPACIÓNS MUSICAIS


Un total de 144 asociacións e agrupacións musicais accederon, en réxime de concorrencia competitiva, a axudas para adquisición de instrumentos musicais e vestiario
 A Deputación provincial está notificando neste momento ás asociacións e agrupacións culturais as concesións en axudas concedidas no programa de instrumentos musicais e vestiario. A través deste programa, que está destinado a financiar grupos e asociacións musicais da provincia de Pontevedra para adquisición, recuperación e arranxo de instrumental ou vestiario propio, concedéronse un total de 119.997 euros para 143 asociacións.

A concesión das subvencións realizouse en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación criterios como a difusión da actividade que realiza a entidade solicitante, o número de persoas que participan, o número de socios e socias da asociación, o orzamento total da actividade ou investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, e a adecuación das actividades ou investimentos ao interese provincial.

Comarca do Condado-Paradanta. Reciben axudas 6 asociacións por un importe total de 6.144 euros. Na Cañiza, a Asociación Cultural Santa Cristina de Valeixe; en Arbo, a Asociación Recreativa e Cultural Barcia de Loimil-Arbo; en As Neves, a Banda de Música de Rubiós-As Neves; en Mondariz, a Asociación Cultural Cantareiras Pedraquetiña de Toutón, e a Banda de Música Cultural de Mondariz; e en Salvaterra do Miño, a Asociación Cultural Cantemos, e a Asociación Cultural Pontenova.
Comarca do Morrazo. Son subvencionadas 15 asociacións cun importe total de 11.904 euros. En Bueu, a Asociación Banda de Música Artística de Bueu; Cangas, a Asociación Amigos da Canción, a Asociación Cultural Bellas Artes, a Asociación Cultural Folclórica Tromentelo, a Asociación Cultural Lembranzas da Ría de Cangas, a Asociación Cultural O Arco de Vilanova, a Asociación de Xubilados e Pensionistas Santiago-Cangas, a Asociación O Son do Pobo, a Asociación Xuvenil Cultural Staccato, a Asociación de Pais de Munusválidos Psíquicos do Morrazo Cangas, e o Grupo de Danzas Pais de San Roque-Cangas; en Marín, a Asociación Cultural Airiños San Xulián-Marín, a Asociación Cultural Loaira, e a Asociación Folclórica Pousos da Area; e en Moaña unha, a Agrupación coral San Pedro de Domaio.
Comarca do Salnés. Reciben axudas 19 asociacións por un importe total de 15.120 euros. En Cambados, a Asociación Coral Polifónica de Cambados e a Coral Polifónica Santa Cruz de Castrelo Cambados; no Grove, a Sociedade Musical Grovense; na Illa de Arousa, a Asociación Coral Municipal Polifónica da Illa de Arousa; en Meaño, a Asociación Cultural Amigos do Acordeón Rías Baixas, a Asociación Cultural Penaguda Dena Meaño, e a Asociación Unión Musical de Meaño; en Meis, a Asociación Cultural A Vertula; en Sanxenxo, a Agrupación folclórica Retesias; en Vilagarcía de Arousa, Asociación Cultural Gaitas do Mar de Arousa, Asociación Cultural Malveiras, Asociación Cultural Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía, Asociación Musical Arosa Bay, Asociación Cultural Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa, Asociación Cultural Folclórica Unión Piñeira de Guillán, Círculo Artístico Deportivo Gato Negro, e Coral Alento Xoven; e en Vilanova de Arousa, a Asociación Cultural O Castro Vilanova de Arousa, e a Asociación Cultural Cantares de Vilanova.
Comarca de Caldas. Recibiron fondos 7 asociacións por un importe total de 4.851 euros. En Cuntis, a Asociación Cultural Gaitas do Baño, a Agrupación Municipal de Baile e Música Tradicional de Cuntis, e a Asociación Grupo Folclórico Hai Que Roelo; en Moraña, a Agrupación Baile e Pandeiretas Seixebra; en Pontecesures, a Asociación Cultural Algueirada, e a Asociación Agrupación Cultural Pontecesures; e no concello de Valga,  Asociación cultural Musival.  
Comarca do Baixo Miño. Concedéronse 7.704 euros para un total de 9 asociacións. Na Guarda, a Asociación Cultural Xida; en Oia, a Asociación Músico-Cultural Xuvenil de Mougas, o Grupo Folklorico tra-lo Mosteiro de Oia, e a Unión Musical de Mougas-Baiona; no Rosal, a Agupación Musical de O Rosal; en Tomiño, a Asociación Cultural Escola de Danzas e Gaitas Virxen do Alivio-Tomiño, e a Asociación Veciñal Pinzas; e en Tui, a Asociación Cultural San Fins de Rebordantes Tui, e a Asociación Recreativo Cultural Airiños do Miño.
Comarca de Deza-Tabeirós-Terra de Montes. Foron concedidas axudas a 16 agrupacións por un total de 15.360 euros. En Cerdedo, a Asociación de Mulleres Creativas de Quireza e a Asociación Escola de Música de Cerdedo; na Estrada, a Agrupación Abrente do Foxo, Amigos do Castro de Barbude, Asociación Cultural Novos Tempos de Lume na Lareira, e a Asociación Cultural Tamparrantán de San Andrés de Vea; en Forcarei, a Asociación Cultural Banda de Gaitas de Forcarei; en Lalín, a Sociedade Musical de Muimenta e a Banda de Música de Lalín; en Silleda, a Asociación Musical Recreativa Cultural Bandeira e a Asociación Cultural Banda de Música de Silleda; en  Agolada, a Asociación de Amigos da Banda de Música Municipal de Agolada; e en Vila de Cruces, a Agrupación Socio Cultural Banda Artística de Merza, a Asociación Cultural Punteirolo, a Asociación Cultural Unión Musical Ponte Ledesma-Vila de Cruces, e a Asociación de Mulleres O Agarimo do Deza.
Comarca de Pontevedra. Foron subvencionadas 13 asociación por un importe total de 10.248. En Barro, a Asociación Cultural Coral Polifónica de Barro e a Hermandad de Veteranos Legionarios de Galicia; en Cotobade, a Asociación Cultural Os Trazantes Tenorio, e a Banda de Música Unión Musical de Tenorio; en Poio, a Asociación Cultural Polavila-Pontevedra, e a Coral de Poio; en Ponte Caldelas, a Asociación Airiños da Fracha, a Asociación Cultural Buchabade, e a Asociación Mujeres Rurales Aires del Norte y Olé,  e en Pontevedra, a Asociación Cultural Trepia, a Asociación Cultural do Traxe Tradicional de Pontevedra, Músico Cultural San Martiño Salcedo, e a Sociedade Musical de Pontevedra.
Comarca de Vigo. Concedéronselle axudas a 58 asociacións por un importe total de 48.666 euros.En Baiona, a Agrupación Musical de Belesar, a Asociación Centro Cultural e Social de Bahiña, a Asociación de Veciños Castro e Ladeira da Parroquia Santa Cristina Ramallosa de Baiona, a Asociación Folclórica Airiños da Lagoa, e a Escola de Danza Vila de Baiona; en Gondomar, Agrupación Musical de Vincios, Asociación Cultural Grupo de Baile Blacón do Val Miñor, Asociación Cultural San Vicente de Mañufe, e Asociación Folclórica Cultural Fíbulas; en Mos, a Asociación Cultural Folclórica As Lagharteiras, Asociación Cultural Tarangaño-Mos, Asociación de Veciños Chan do Bosque-Amieirolongo, Asomanos Asociación de maiores e Pensionistas, Centro Cultural e Social Herville Mos, Centro Recreativo e Cultural de Torroso Mos, e Círculo Cultural Abrente; en Nigrán, Centro Recreativo e Cultural O Torreiro de Priegue; en Pazos de Borbén, a Asociación Social e Cultural do Pensionista; no Porriño unha, Asociación Cultural Rondalla de Pontellas; en Redondela, Asociación Cultural e Social de Chapela, Asociación de Veciños de San Esteban de Negros Redondela, Asociación Sociedade Cultural do Viso, Círculo Cultural Recreativo de Cesantes, Círculo Cultural Recreativo de Chapela, e Grupo de Baile Anaquiños-Redondela; en Salceda de Caselas, Amigos da Música-Salceda de Caselas e Centro Cultural e Social de Soutelo-Salceda de Caselas; en Soutomaior, Asociación Cultural Musical Abeleiras de Alxán, Asociación Folklórico-Cultural Soutomaior, e Asociación Artística de Arcade; e en Vigo, Agrupación Musical Lira de San Miguel, Asociación Banda Escola de Música de Beade, Asociación Cultura Xarabal, Asociación Cultural Banda de Gaitas de Mos, Asociación Cultural David Fernández Rivera, Asociación Cultural Folclórica Tarambainas, Asociación Cultural Traspés, Asociación de Veciños Cristo da Victoria, Asociación Folclórica O Fiadeiro, Asociación Folclórica Algarabía, Asociación Folclórica Corisco, Asociación Orquestra Vigo 430, Asociación Parkison de Vigo, Asociación Veciñal Cultural Recreativa San Mamed de Zamanes, Asociación Veciñal Cultural  e Deportiva Val do Fragoso, Asociación Veciñal de Usuarios e Cultural Emilio Crespo, Asociación de Pandereteiras Urdime, Asociación Xuvenil Xarume, Ateneo Musical de Bambrive, AVCD de Consumidores e Usuarios de Lavadores, Centro Cultural Artístico e Recreativo Valladares, Centro Cultural Veciñal e Deportivo Vigo Centro, Centro Veciñal e Cultural de Valladares, Coral Polifónica María Madre del Buen Pastor, Fundación Igual Arte, Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva Helios, Sociedad Cultural e Deportiva Atlántica de Matamá, e Unión Musical de Valladares de Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario