Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 4 de septiembre de 2015

TAMEN EN BARRO. COMEZA HOXE O NOVO CURSO NA REDE AUTONÓMICA ‘A GALIÑA AZUL’ CON PRETO DE 3.338 PRAZAS PARA NENOS E NENAS DE 0-3 ANOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA



§         O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou a Escola Infantil do edificio administrativo de Campolongo recordando que a cidade do Lérez conta con 487 prazas, un 127% máis que en 2009
§         As escolas infantís de titularidade autonómica ofertan no curso 2015-2016 en Galicia un total de 9.294 prazas, o que supón un incremento do 71% respecto ás 5.430 que había en 2009
§         Máis de 20.000 familias terán acceso a unha praza 0-3 sostida con fondos públicos
§         A oferta total de prazas públicas na comunidade acada por vez primeira a ratio do 33 por cento recomendada pola Unión Europea

O novo curso na rede autonómica ‘A Galiña Azul’ comezou hoxe cunha oferta total de preto de 3.338 prazas na provincia de Pontevedra para nenos e nenas de 0-3 anos, das cales 487 corresponden á cidade do Lérez.

Así o destacou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, durante a visita que realizou á Galiña Azul situada no edificio administrativo da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra co galo do arranque do novo curso 2015/16.

Esta escola infantil contra con 36 prazas, destinadas para fillos dos traballadores da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra. “Ademais, en total, a cidade do Lérez conta con 487 prazas, o que supón un incremento dende 2009 do 127%, cando as prarzas existentes eran 214 prazas para só dúas escolas infantís (Campolongo e o Toxo)”. Actualmente existen 6 escolas infantís da rede Galiña Azul na capital da provincia:  Monteporreiro, A Parda, o Campus e o Edificio Administrativo da Xunta.

En Galicia, as prazas roldan as 9.300, o que supón un incremento do 71% respecto ás 5.430 prazas coas que contaba en abril de 2009. Así a rede autonómica contará neste curso cun total de 159 escolas infantís.

Ademais, no curso escolar 2015-2016 haberá preto de 500 novas prazas públicas de 0-3 anos financiadas con fondos da Administración autonómica a través do sistema de concerto con centros privados, unha opción que se puxo en marcha este ano por primeira vez nas sete cidades e as súas áreas de influenza.

Deste xeito, a oferta de prazas sostidas con fondos públicos complétase coas escolas municipais, as escolas dependentes de entidades de iniciativa social e doutras entidades e as máis de 1.000 prazas de cheque infantil, ata un total de preto de 20.500 prazas á disposición das familias galegas.

Con esta oferta, acádase por primeira vez a cobertura recomendada pola Unión Europea para o tramo de idade 0-3, que supón contar cunha oferta de 33 prazas para cada 100 nenos e nenas en idade de acceder a unha escola infantil.


Outras escolas en obras
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra indicou que “a posta en marcha de prazas públicas en escolas infantís de 0-3 anos é un dos obxectivos fundamentais do Plan de Dinamización Demográfica de Galicia, que conta con 69 medidas, e que pretende mellorar a conciliación da vida familiar, laboral e persoal dos galegos e galegas”.

Nesa liña, ademais do incremento no comezo do actual curso, a planificación de novas prazas que está a executar a Consellería de Traballo e Benestar inclúe actualmente oito escolas xa en construción, dúas delas na provincia de Pontevedra, que suporán un total de 471 novas prazas, das cales 102 atoparanse nos concellos de Marín e Tomiño.

Ademais, na Estrada o concello atópase nestes intres a realizar os trámites previos cara á cesión dunha parcela para a execución dunha nova escola infantil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario