Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 26 de octubre de 2015

A XUNTA CONDENA O ASASINATO DUNHA MULLER NO CONCELLO DE PONTEVEDRA




§      Reitera o seu apoio ás vítimas da violencia de xénero e pide a todas as galegas e galegos inconformismo para rebelarse contra esta lacra

O Goberno galego expresa a súa máis firme condena polo asasinato de Concepción Reguera Peón, que tivo lugar esta madrugada no termo municipal de Pontevedra. A falta de confirmación oficial, todo apunta a que se trata dun caso de violencia de xénero. De ser así, trataríase da quinta morte por violencia machista rexistrada este ano en Galicia, un crime polo que o Goberno galego manifesta a súa consternación ao tempo que fai un chamamento a toda a sociedade para que se rebele contra esta repudiable lacra. A Xunta reitera o seu apoio ás vítimas deste tipo de actos violentos e apela á corresponsabilidade de toda a cidadanía na erradicación deste problema público e social de primeira orde.

Lémbrase que as vítimas teñen a súa disposición o 016, un teléfono gratuíto que garante a confidencialidade da chamada, xa que non queda rexistrada na factura telefónica.  Ademais, froito dun acordo entre a Xunta e o Goberno do Estado, as chamadas que se produzan ao 016 desde o ámbito territorial de Galicia derívanse automaticamente ao teléfono 900 400 273 ou ao 112 no caso de que a usuaria precise atención de emerxencia.

Cabe lembrar que o Goberno galego ten a disposición das mulleres vítimas da violencia de xénero varias medidas de protección e asistencia integral, coma as axudas de apoio económico, axudas de apoio psicolóxico a través dun convenio co Colexio Oficial de Psicoloxía, cun teléfono de asistencia gratuito as 24 horas do día (629.777.595); ademais dunha rede de acollemento, que consta de 5 casas de acollida e do Centro de Emerxencias situado en Vigo. E outras medidas de apoio e protección, coma o servizo de asesoramento xurídico online e o servizo ATENPRO, o servizo telefónico de atención e protección para vítimas de violencia de xénero.

Ademais, hai que  lembrar que na nosa comunidade hai 80 Centros de Información á Muller en varios concellos de Galicia que realizan un gran labor, sendo uns dos primeiros sitios a onde poden acoder as mulleres vítimas de violencia de xénero e onde atoparán axuda de profesionais na materia, coma psicólogas, avogadas ou asistentes sociais, que poderán proporcionarlle asesoramento xurídico e psicolóxico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario