Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 31 de octubre de 2015

A XUNTA REMÍTELLES AOS 314 CONCELLOS GALEGOS INFORMACIÓN DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL PARA QUE ASESOREN ÁS FAMILIAS AFECTADAS POR DESAFIUZAMENTOS SOBRE ESTAS AXUDAS




A conselleira de Infraestruturas e Vivendas, Ethel Vázquez, tamén enviou hoxe esta documentación ás 5 delegacións de Cáritas Diocesanas en Galicia, á FEGAMP e á Cruz Vermella


  • O Goberno galego, ao considerar que estes entes teñen contacto diario con afectados por esta situación, trasládalles información para que os asesoren acerca da solicitude destas subvencións que a Xunta pon a disposición dos cidadáns
  • Ethel Vázquez explica nestas misivas que o seu departamento vén de reforzar as súas políticas sociais coa aprobación do Plan RehaVIta para garantirlles a todas as familias o dereito constitucional a unha vivenda digna
  • O Bono de Alugueiro Social atenderá con urxencia ás familias que precisen dunha axuda para asumir o custo de arrendamento, paliando os efectos derivados dun desafiuzamento por impago das rendas da vivenda e evitando os desaloxos
  • Estas axudas consisten en bonos mensuais de 150 euros, concedidos por 12 meses e prorrogables por outros 12, así como 450 euros adicionais para facer fronte a gastos derivados dun novo contrato ou para atender cantidades pendentes

Santiago, 27 de outubro de 2015.- A Xunta remite aos 314 concellos galegos información relativa ao Bono de Alugueiro Social para que asesoren ás familias afectadas por desafiuzamentos sobre estas axudas. A conselleira de Infraestruturas e Vivendas, Ethel Vázquez, tamén enviou hoxe esta documentación ás 5 delegacións de Cáritas Diocesanas en Galicia, á FEGAMP e á Cruz Vermella.

Nas cartas explícase que dado que os concellos, Cáritas, Cruz Vermella ou a Fegamp manteñen contacto diario con persoas e familias afectadas por esta situación, trasládase a información sobre o dito programa co obxectivo de solicitarlles que contribúan a aconsellar a eses afectados a solicitude destas axudas que pon á súa disposición a Xunta de Galicia.

Ethel Vázquez explicou nestas misivas que o Goberno galego vén de reforzar as súas políticas sociais coa aprobación do Plan RehaVIta (Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020) co obxectivo de garantirlles a todas as familias o dereito constitucional a unha vivenda digna.

No citado plan inclúense novas medidas complementarias ao programa de apoio a familias que corren risco de perder a súa vivenda polo impago da súa hipoteca. Trátase dun novo programa específico para paliar os efectos dos desafiuzamentos por impago do arrendamento da residencia habitual: o Bono de Alugueiro Social.

As subvencións do Bono Alugueiro Social están destinadas a atender con carácter urxente ás familias que precisen dunha axuda para asumir o custo de arrendamento da súa vivenda, paliando os efectos derivados dunha resolución xudicial de desafiuzamento por impago das rendas da súa vivenda habitual ou, no seu caso, evitando que os afectados sexan desaloxados da mesma.

Estas axudas consisten en bonos mensuais de 150 euros, concedidos por un período de 12 meses e prorrogables por outros doce, así como unha axuda adicional de 450 euros para facer fronte aos gastos derivados dun novo contrato ou para atender cantidades pendentes no caso de continuar na mesma vivenda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario