Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 28 de octubre de 2015

ETHEL VÁZQUEZ AVOGA POR IMPULSAR O CRECEMENTO SUSTENTABLE, REHABILITANDO O PATRIMONIO CONSTRUÍDO CON MATERIAIS E RECURSOS AUTÓCTONOS




A Conselleira de Infraestruturas e Vivenda participou na inauguración das III Xornadas “Máis Madeira” organizada polo Clúster da Madeira de Galicia
 

§         Concreta que, segundo o “Informe sobre a situación do sector da vivenda en España” elaborado polo Ministerio de Vivenda  cada millón de euros investido en obra nova mobilízanse 35 empregos, mentres que por cada millón de euros de investimento inicial en rehabilitación de vivendas se crean 56,5 empregos directos, indirectos e inducidos
§         Lembra que Galicia foi a primeira comunidade en ter declarada un Área de Rehabilitación e é a que ten un maior número delas recoñecidas en toda España

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asegurou que o crecemento sostible de Galicia pasa por aproveitar o patrimonio construído facéndoo con con materiais e recursos autóctonos”. Vázquez fixo estas declaracións no transcurso do acto de inauguración das III Xornada que organiza o Clúster da Madeira de Galicia, baixo o lema “Máis Madeira”, centradas na rehabilitación.

Para a responsable de Infraestruturas, hoxe en día, “faise necesario aproveitar a rehabilitación no seu dobre beneficio, por unha banda, no mantemento do patrimonio que contribúe á conservación de construcións históricas ou tradicionais e, por outra banda, a ten un gran impacto na activación da economía, xa que son investimentos máis baratos que a nova construción, polo que resultan máis asumibles. Ademais, as obras de rehabilitación son as maiores xeradoras de emprego”.

Ethel Vázquez concretou que segundo o “Informe sobre a situación do sector da vivenda en España” elaborado polo Ministerio de Vivenda  cada millón de euros investido en obra nova mobilízanse 35 empregos, mentres que por cada millón de euros de investimento inicial en rehabilitación de vivendas se crean 56,5 empregos directos, indirectos e inducidos  e incluso algúns estudos falan de 63 empregos.

Áreas de Rehabilitación
Lembrou que Galicia foi “a primeira comunidade en ter declarada un área de rehabilitación e é a que ten un maior número delas recoñecidas en toda España” e, ademais, remarcou “grazas ao esforzo de moitas administracións, esta tarde teremos a oportunidade de asinar co Ministerio de Fomento e con 38 concellos cadanseus convenios para as súas áreas de rehabilitación, engadindo a área de rehabilitación do Camiño de Santiago, cuxas axudas xestiona directamente o IGVS e chegarán a 108 concellos de Galicia para manter ou recuperar as vivendas existentes situadas na súa contorna”.

Así mesmo, Ethel Vázquez explicou que “a madeira é un elemento clave na rehabilitación de vivendas, porque tanto nas subvencións como nas rehabilitacións que executamos dende a Xunta de Galicia en lugares como Lugo, Betanzos, Vigo ou Ourense este material ten un papel preponderante”.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda destacou que Galicia é a primeira potencia forestal do Estado e a novena a nivel europeo, destacando, ademais, polo desenvolvemento de produtos pioneiros a escala internacional. Unha industria que, segundo os datos do propio Clúster, agrupa 3.000 empresas, mantén 70.000 empregos directos e representa o 3,5% do Produto Interior Bruto autonómico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario