Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 23 de octubre de 2015

MÁIS DE 1000 PERSOAS PARTICIPAN ESTA FIN DE SEMANA NO PROGRAMA “COÑECE A TÚA PROVINCIA” DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA



“Coñece a túa provincia” executarase ata o 31 de decembro de 2015

Dentro do marco do programa “Coñece a túa provincia”, que a Deputación de Pontevedra impulsa a través dos servizos sociais desde o ano 2008, esta fin de semana 1068 persoas poderán descubrir, a través de diversas rutas, a provincia de Pontevedra.

O programa “Coñece a túa provincia” contribúe á dinamización económica e social da provincia de Pontevedra ó tempo que impulsa o enriquecemento cultural, o fomento da convivencia e asociacionismo e pon en valor os principais recursos turísticos da provincia, promovendo así ó seu desenvolvemento económico.

Participan no programa entidades de iniciativa social da provincia de Pontevedra (maiores, mulleres, mozos, persoas con diversidade funcional, veciños, familias e menores) que, a través dunha xornada de convivencia que inclúe traslados en autocar, guías informativas, seguro de viaxe, manutención e visitas, percorren lugares emblemáticos das Rías Baixas. Así, as entidades poden elixir entre 18 rutas que abranguen desde os edificios da Deputación de Pontevedra ata concellos como A Estrada, A Guarda, Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo, Covelo, Cuntis, Forcarei, Lalín, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Nigrán, O Grove, Poio, Portas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda e Vigo.

Esta fin de semana participarán preto de vinte asociacións e máis de 1.000 persoas de A Guarda (Fundación Las Samaritanas), Caldas de Reis (Asociación de Comerciantes Plaza de Abastos de Moaña), Cambados (Amas de Casa “Albariño”), Lalín (Asociación Mulleres en igualdade de Cercio), Marín (AA. VV. San José do Cantodarea), Nigrán (Asociación Cultural Mulleres Rurais de Chandebrito), O Grove (Asociación de Mulleres Rurais “A Lagoa”), Pontevedra (Asociación de Mulleres Veciñais O Castelo), Redondela (Coral Alvedosa Redondela), Rodeiro (A.S.C. Emecla), Sanxenxo (A.MM.RR. A Candelaria), Soutomaior (Asociación de Maiores Soutomaior e Asociación Cultural O Carballo das Chans) e Vigo (Centro Sociocomuntario de Teis, A.VV. As Nosas Rúas da Travesía de Vigo, A.V.C.R. San Mamede de Zamáns, Asociación Eira e Club Gamboa).



No hay comentarios:

Publicar un comentario