Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 18 de octubre de 2015

Os deputados populares reclaman que se acelere o proxecto do polígono de Barro-Meis



Os deputados do Partido Popular, Ángel Moldes, Luisa Piñeiro, Luis Aragunde e Salomé Pena, acompañados polo portavoz do PP en Barro, José Antonio Landín, percorreron este venres o viveiro de empresas do polígono industrial deste municipio coa intención de alertar sobre a necesidade de que o proxecto continúe.
Esta iniciativa que puxera en marcha a Deputación Provincial durante o anterior mandato está, segundo os populares, totalmente encamiñado e reclaman a maior axilidade para recoller froitos do polígono empresarial de Barro-Meis canto antes.
Ángel Moldes incidiu en que este viveiro non está pensado para grandes empresas senón para esas que nacen cun, dous, tres ou catro traballadores e que son importantes para poñer freo ao desemprego.
A idea do Partido Popular era que os dous primeiros anos fose gratuíto para os emprendadores, conscientes de que ese tempo e fundamental para a viabilidade dos proxectos. Con esta proposta, os empresarios só terían que asumir os gastos xerais e de mantemento, aforrando outros custos, como o de aluguer.
O ex alcalde de Barro, José Antonio Landín, insistiu en que lles preocupa a paralización da subministración da liña de alta tensión, adxudicado desde principios de ano. Sinala que está paralizada tanto a liña de alta tensión como a subestación eléctrica.

http://pontevedraviva.com/xeral/23325/deputados-populares-proxecto-poligono-barro-meis/

No hay comentarios:

Publicar un comentario