Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 19 de octubre de 2015

Os técnicos do Areeiro prantarán nos vindeiros días as novas árbores do polígono industrial de Barro-Meis



AREEIRO ANALIZA AS ÁRBORES DO PARQUE DE OS PASALES EN MEAÑO
A Estación Fitopatolóxica realiza tamén un tratamento fitosanitario para evitar o picudo nas palmeiras dos xardíns de Lourizán
Os técnicos prantarán nos vindeiros días as novas árbores do polígono industrial de Barro-Meis
Os técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, acudiron hoxe ao parque de Os Pasales no Concello de Meaño para realizar unha análise das súas árbores, que presentan mal estado logo da reforma que se fixo na zona este verán. Tomáronse mostras do solo e das propias plantas que serán estudadas no laboratorio para realizar unha diagnose. O resultado desas análises estará dispoñible a vindeira semana.  
O parque de Os Pasales ten dous tipos de árbores de grandes dimensións: plátanos e fresnos. Os primeiros presentan un bo estado, sen embargo os segundos teñen unha aparencia non saudable. A primeira impresión dos técnicos de Areeiro ante este feito é que non se trata dun problema patolóxico xeneralizado, senón dunha cuestión fisiolóxica propia dos fresnos, que coa calor deste verán e co compacto do terreo puideron ter sufrido asfixia. Unha vez se comprobe cal é o seu estado no laboratorio (se utiliza normalmente un trirradar e un resistógrafo) se poderán aplicar os tratamentos máis acaídos. Por teoría, dende Areeiro nunha se recomenda cortar a árbore nin facer unha poda salvo que sexa estritamente preciso.
Praga de insectos
Por outra banda, na mañá de hoxe os técnicos de Areeiro remataron o tratamento -iniciado o venres- da ducia de palmeiras que hai dentro do xardín provincial do Centro Forestal de Lourizán (a antiga finca de Montero Ríos), que estaban afectadas por unha praga de picudo. Para loitar contra este insecto realizouse una fumigación cun canón de grandes dimensións que alcanza ata 25 metros de altura e tamén funciona en horizontal. Foi preciso o traballo de dous técnicos.
Areeiro tamén se encargará da plantación das árbores das inmediacións do viveiro de empresas do polígono industrial de Barro-Meis. Os exemplares elixidos foron Eleagnus Umbellata, máis coñecidos como 'olivas de outono', uns arbustos de grandes dimensións con froitos vermellos moi saborosos e vistosos. O persoal da Estación Fitopatolóxica acudirá ao parque nos vindeiros días, cando estea dispoñible a maquinaria provincial para trasladar a terra necesaria. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario