Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 28 de noviembre de 2015

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APROBA AS BASES DA CONVOCATORIA PARA A DOTACIÓN DE MATERIAL DEPORTIVO A CLUBS FEDERADOS DA PROVINCIA






Esta convocatoria, que está destinada ós clubs de concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, xa foi remitida por escrito ós concellos


A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou as bases reguladoras da convocatoria para a dotación de material deportivo a clubs federados de municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra.

O novo goberno da Deputación de Pontevedra, a través do seu novo modelo de xestión de recursos públicos no que os concellos son os verdadeiros protagonistas, realizou por escrito unha primeira toma de contacto cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para solicitar a súa colaboración de cara a determinar as necesidades de material deportivo dos seus clubs. Tras este primeiro contacto e unha vez recibidas todas as necesidades detectadas polos concellos, a institución provincial realizou as bases para adxudicar parte dese material, cun importe de 240.000 euros, aproveitando os últimos recursos económicos do orzamento de deportes deste ano 2015.

Estas bases reguladoras da convocatoria para a dotación de material deportivo a clubs federados de municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra queren facer un reparto igualitario e equitativo en función do número de equipos e licencias así como do orzamento de cada club. Para elo é necesario que os clubs presenten nos rexistros da Deputación de Pontevedra, de acordo coas bases, unha nova solicitude que se pode descargar da páxina web www.depo.es.

Unha vez feita a repartición, con criterios igualitarios e equitativos, os concellos poderán recoller o material nas instalacións do Centro Príncipe Felipe. Esta material será, por tanto, repartido polos propios concellos de menos de 50.000 habitantes entre os seus clubs e en función da adxudicación aprobada pola Deputación de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario