Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 28 de noviembre de 2015

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APROBA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ESCOLA DE ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL PARA O IMPULSO DO EMPRENDEMENTO



A institución provincial destinará 320.000 € para a creación de espazos conxuntos de coworking no Polígono Industrial de Barro – Meis e en Lalín nos que se realizarán actuacións de formación e seguimento de proxectos emprendedores


A Deputación de Pontevedra ven de aprobar un convenio de colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) para a realización de accións de formación e titorización no marco de espazos de coworking no viveiro de empresas do polígono industrial de Barro-Meis e de Lalín. Así, a institución provincial investirá 320.000 € (160.000 € en cada polígono) para impulsar o emprendemento na provincia de Pontevedra, a través da formación e titorización de persoas, promovendo o traballo por conta allea e a creación de empresas.
                    
O convenio, que terá unha vixencia de dous anos prorrogables, ten por obxectivo a creación de espazos conxuntos de coworking en Barro-Meis e Lalín, con conexión wifi e eléctrica, destinados ó establecemento de emprendedores, previamente seleccionados, no que a través da metodoloxía Lean Startup acelerarase o proceso para identificar a visibilidade de proxectos emprendedores.  Os espazos contarán tamén cun servizo de coordinación para o apoio de emprendementos, centro de formación e salas de reunión para o proceso de titorización.

A través desta actuación, a Deputación de Pontevedra busca, ademais de fomentar o emprendemento, aumentar a probabilidade de éxito dos proxectos dos emprendedores nun período limitado de tempo, identificando aqueles con maior potencial de desenvolvemento. Para elo, contémplanse a realización de catro convocatorias públicas de coworking cunha duración, cada unha delas, de 5 meses, dando cabida cada unha a un mínimo de 16 e máximo de 22 proxectos emprendedores nos que participarán entre unha e tres persoas. Cada convocatoria desenvolverá 12 obradoiros obrigados de formación de 5 horas cada un sobre o desenvolvemento de competencias de emprendemento e xestión de proxectos. Ademais, todos os proxectos seguirán un proceso de titorización de 40 horas.

Cada edición de coworking organizará eventos co obxectivo de impulsar o networking entre emprendedores así como realizará, nas semanas finais do proxecto, unha demoday de presentación das actuacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario