Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 28 de noviembre de 2015

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA IMPULSA UN PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NOS CONCELLOS QUE BENEFICIARÁ A 166 TITULADOS UNIVERSITARIOS E DE FORMACIÓN PROFESIONAL




Os municipios da provincia teñen de prazo ata o 12 de decembro para solicitar a inscrición no programa de prácticas

A Deputación de Pontevedra abriu o prazo para que os concellos da provincia se inscriban no Plan de Práctica Laboral 2016, dirixido a titulados universitarios e de formación profesional sen experiencia previa. O plan contempla a convocatoria de 166 bolsas para que os estudantes completen a súa formación académica nas entidades municipais, en áreas de coñecemento e actividades que faciliten a súa futura incorporación ao mercado de traballo.

As pŕacticas desenvolveranse durante un período de seis meses, prorrogables por outros seis, e inclúen unha remuneración mensual aproximada de entre 700 ou 800 euros.  Os concellos de ata 10.000 habitantes poderán solicitar dúas prazas de bolseiros e aqueles cunha poboación comprendida entre   10.001 e 50.000 habitantes teñen asignados catro bolseiros.

Os concellos que desexen participar no programa de prácticas teñen de prazo ata o 12 de decembro para inscribirse a través da páxina web  da Deputación de Pontevedra (http://www.depo.es/plan-de-practica-laboral-concellos-2016/concellos). Entre outros requisitos, deberán presentar un programa formativo e identificar o persoal técnico da entidade que actuará como titor.

A Deputación asume o financiamento do plan, a distribución e asignación das bolsas entre os concellos solicitantes, a selección dos aspirantes, a adxudicación das bolsas, o pagamento da axuda ou subvención correspondente aos bolseiros e, asemade, a cotización á Seguridade Social.

O Plan de práctica laboral nos concellos da  Deputación de Pontevedra segue as  recomendacións da Unión Europea en materia de emprego xuvenil na que se require a participación de todas as institucións, públicas e privadas, para mellorar a situación laboral da mocidade.
                    

No hay comentarios:

Publicar un comentario