Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 11 de noviembre de 2015

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SUBVENCIONA O SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA EN 47 CONCELLOS DA PROVINCIA





Na actualidade, 406 mulleres e homes que precisan de atención continuada na provincia contan co servizo preventivo de axuda da Deputación de Pontevedra
               
A Deputación de Pontevedra presta o servizo de teleasistencia domiciliaria, desde o ano 1998, a través dun convenio de colaboración cos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, co obxectivo de mellorar a calidade de vida de persoas que precisan dunha atención continuada, persoas maiores, enfermas e enfermos ou con minusvalía que vivan soas ou persoas que, vivindo acompañadas, teñan as súas facultades moi minguadas para valerse na vida cotiá.

                Así, 47 concellos da provincia de Pontevedra (Barro, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Forcarei, Fornelos de Montes, Agolada, Gondomar, O Grove, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Portas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vila de Cruces, Vilanova de Arousa) son os que, na actualidade, manteñen un convenio de colaboración polo que, xunta coa Deputación de Pontevedra, cofinancian a teleasistencia domiciliaria atendendo a un total de 406 usuarias e usuarios.

                Este servizo permite que as usuarias e usuarios, con só pulsar un botón e mediante a liña fixa de telefonía, teñan resposta inmediata en canto a situacións de emerxencia no fogar as 24 horas do día e os 365 días do ano, permitíndolles vivir no seu domicilio con tranquilidade e seguridade.
               
                Este xoves, 12 de novembro, usuarias e usuarios de teleasistencia dos concellos de Sanxenxo, O Grove, Cambados, Meis, Portas, Ribadumia, Vilanova de Arousa e Barro, gozarán dunha xornada de convivencia e lecer, con actividades lúdicas diversas na Sala Nauta do Concello de Sanxenxo, co obxectivo de que poidan contactar con outras persoas, intercambiar experiencias e romper a rutina diaria.


No hay comentarios:

Publicar un comentario