Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 3 de noviembre de 2015

A PROVINCIA DE PONTEVEDRA REXISTRA UN 18,6% DE TURISTAS MÁIS QUE DURANTE O VERÁN DE 2014




O mapa provincial, a guía de turismo cultural, a guía de rías e ríos e a guía de turismo familiar, editadas pola Deputación de Pontevedra, foron os folletos turísticos máis demandados

Este verán as oficinas de turismo da provincia de Pontevedra rexistraron un 18,6% máis de turistas que con respecto ó verán de 2014. Se temos en conta o dato anual, entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2015 recibimos un 18,29% máis de turistas que con respecto ó mesmo período do ano anterior.

O 51,16% dos turistas que viñeron ata a provincia de Pontevedra foron mulleres que non coñecían as Rías Baixas (74,45%). O 46% dos visitantes tiñan entre 35 e 60 anos, o 19% son maiores de 60 anos, o 18% teñen entre 18 e 35 anos e o 17% son menores de 18 anos. Con respecto ó ano 2014, detectase un turismo máis xuvenil fronte ó 2014, no que o grupo de maiores de 60 anos era máis numeroso.

O 72% dos turistas que nos visitaron este verán foron españois pero non galegos, o 15% galegos e o 13% estranxeiro, detectándose, con respecto ó 2014 un incremento do turismo nacional ata un 5% máis.

A estancia en Galicia foi de 7 días e máis e aloxáronse en Sanxenxo, Pontevedra, Santiago de Compostela, O Grove, Poio, Vigo, A Coruña, Cambados, Vilanova de Arousa e Cangas.

Durante este verán, o 43,06% dos turistas aloxáronse en hoteis, o 17,31% de paso, o 11,8% en apartamentos, o 4,95% en domicilios particulares e o 3,87% en establecementos de turismo rural. En comparación co ano 2014, entre o 1 de xaneiro e 30 de setembro de 2015 detéctase unha subida dos turistas que se aloxan en hoteis (un 14,64% máis), en apartamentos (un 10,23% máis) e en establecementos de turismo rural (un 4,4% máis).

En canto ós motivos que levaron ós turistas a visitarnos durante este verán destacaron a natureza, a cultura, o Camiño de Santiago e os eventos. Detéctase un incremento do 20% no interese pola natureza con respecto ó 2014. Ademais, entre os folletos máis demandados polos turistas nas oficinas de turismo da provincia de Pontevedra, destacan o mapa provincial, a guía de turismo cultural, a guía de rías e ríos e a guía de turismo familiar.

O 66,39% dos turistas que nos visitaron durante o verán de 2015 viñeron en coche, o 14,33% en autobús, o 5,37% en avión, o 4,89% a pe e o 2,19% en caravana. Detectamos un aumento dos turistas que viñeron en coche (1,63% máis), en avión (1,34% máis) e en caravana (0,12% máis).  Se temos en conta os datos anuais cómpre destacar a aparición entre os cinco principais medios de transporte ata as Rías Baixas, do barco.

Pola súa parte, a web de Turismo Rías Baixas obtivo entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2015 un 3,17% máis de visitas que con respecto ó mesmo período do ano anterior, procedentes de España (Galicia, Madrid, Cataluña, Andalucía e País Vasco), Portugal, Francia, Alemania e Arxentina. Ademais, Turismo Rías Baixas conta con 9.000 seguidores en facebook e preto de 15.200 followers en Twitter.


No hay comentarios:

Publicar un comentario