Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 14 de noviembre de 2015

A XUNTA TRASLÁDALLE Á CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA AS VANTAXES DA ADXUDICACIÓN DE SOLO INDUSTRIAL EN RÉXIME DE DEREITO DE SUPERFICIE



A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión de traballo co presidente da CEP, Jorge Cebreiros


  • A conselleira lembra que a Xunta reforzará en decembro os incentivos para a instalación de empresas en Galicia ofertando solo industrial desde 38 céntimos de euro o metro cadrado en réxime de dereito de superficie
  • Estas medidas comezarán a aplicarse nos parques de Xestur e estenderanse aos do Instituto Galego da Vivenda e Solo nunha segunda fase

Ethel Vázquez informou hoxe ao presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra sobre as vantaxes da adxudicación de solo industrial en réxime de dereito de superficie. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda mantivo hoxe unha reunión de traballo co presidente da CEP, Jorge Cebreiros

A conselleira lembrou que a Xunta de Galicia reforzará os incentivos para a instalación de empresas en Galicia ofertando solo industrial desde 38 céntimos de euro o metro cadrado en réxime de dereito de superficie.

O Consello da Xunta deu a coñecer a semana pasada un informe sobre as novas condicións baixo as que se poderá acceder a solo empresarial na comunidade, que gaña así en competitividade e atractivo para o desenvolvemento de proxectos empresariais fronte a Portugal.

Vázquez explicou que os parques empresariais galegos ofertarán solo en condicións óptimas ás empresas interesadas en instalarse en Galicia sen que sexa preciso realizar un forte investimento na adquisición do mesmo. Precisou que os adxudicatarios dos dereitos de superficie poderán construír as instalacións necesarias para desenvolver o seu proxecto empresarial nas parcelas que lles correspondan a cambio dun canon anual, equivalente a unha porcentaxe do prezo de venda da parcela.

Os pagos serán menores nos primeiros anos, tendo en conta que nesa etapa a empresa deberá afrontar os investimentos derivados da instalación e mesmo poderá desfrutarse dun primeiro ano de carencia se se solicita. A evolución do canon que deberán pagar será a seguinte:

·        1 ano de carencia, se se solicita.
·        1,5% do prezo de venda da parcela nos dous seguintes anos
·        2,5% do prezo de venda da parcela nos dous seguintes anos
·        3,5% do prezo de venda da parcela no resto do período de vixencia da concesión.

Durante os dez primeiros anos da concesión, os adxudicatarios poderán exercitar o dereito de compra das parcelas ao seu prezo orixinal e descontando unha parte do pagado en concepto de canon.

O prego establece que o prazo de vixencia do dereito de superficie será de trinta anos, prorrogables ata un máximo total de sesenta anos por acordo entre as partes. Transcorrido o período de vixencia do dereito de superficie, a plena propiedade do solo, do subsolo e das edificacións construídas polo superficiario en cumprimento das súas obrigas, reverterá no organismo público correspondente.

No prazo máximo de tres anos, os adxudicatarios deberán ter edificadas as súas instalacións e obtida a licenza de actividade co obxectivo de garantir que os investimentos e a creación de postos de traballo se realizan no prazo máis curto posible.

Estas medidas comezarán a aplicarse en decembro en máis de 2 millóns de metros cadrados de parques empresariais propiedade de Xestur e se estenderán aos do Instituto Galego da Vivenda e Solo nunha segunda fase.

No seguinte cadro amósanse os parques empresariais da provincia de Pontevedra coas correspondentes superficies, parcelas e prezos.



SOLO DISPOÑIBLE
PREZO MEDIO SEN BONIF. M2
CANON MEDIO ANUAL
 M2
Parcelas
1,5% M2
2,5% M2
3,5% M2
ARBO
21.964,00
19
69,20 €
1,04 €
1,73 €
2,42 €
SILLEDA ÁREA 33
13.006,82
4
87,47 €
1,31 €
2,19 €
3,06 €
LALÍN 2000
8.555,00
3
94,72 €
1,42 €
2,37 €
3,32 €
REIGOSA
154.517,35
19
95,58 €
1,44 €
2,40 €
3,36 €
MOS
166.651,00
26
152,04 €
2,28 €
3,81 €
5,33 €
TOTAL
2.026.060,36
587





No hay comentarios:

Publicar un comentario