Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 25 de noviembre de 2015

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA AGRADECE O INCREMENTO NA PARTICIPACIÓN CIDADÁN E LEMBRA A NECESIDADE DE CONTINUAR DOANDO NA RECTA FINAL DO ANO




  • Especialmente salientables resultan as 127 doazóns acadadas o pasado luns 23 de novembro na unidade móbil do CTG que visitou o municipio coruñés de Santa Comba
O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) quere amosar o seu sincero agradecemento a todos os cidadáns que están a participar activamente nas campañas de doazón de sangue, convidando a todos os galegos e galegas a continuar doando nesta recta final de ano.
O CTG salienta a elevada participación dos cidadáns que se reflicte nas preto de 2.700 persoas que acudiron a pasada semana ata os locais de doazón e unidades móbiles do CTG, dos que puideron doar sangue un total de 2.369.
Durante a pasada semana, resultou especialmente salientable a elevada presenza de doadores e doadoras nos concellos de Boiro e Tui, con 122 e 101 doazóns respectivamente, ou as 78 doazóns acadadas no municipio pontevedrés de Marín e as 77 rexistradas en Bertamiráns (Ames).


Récord en Santa Comba
O Centro de Transfusión de Galicia desexa facer mención expresa da elevadísima participación rexistrada o pasado luns 23 de novembro no municipio coruñés de Santa Comba que acadou un total de 127 doazóns de sangue, a cifra más elevada das rexistradas as 158 visitas que as unidades móbiles do CTG teñen desenvolvido neste concello dende o ano 1993.
Os veciños e veciñas de Santa Comba teñen efectuado un total de 9.823 doazóns de sangue dende o ano 1993 ata a actualidade, grazas as cales foi posible a realización de máis de 4.500 intervencións cirúrxicas, transfundir plaquetas a 1.960 enfermos oncolóxicos e levar a cabo máis de 250 transplantes de fígado.
O CTG desexa agradecer a todos os cidadáns a súa contribución á consecución dun axeitado número de doazóns de sangue, recoñecemento que fai extensivo a todos os cidadáns galegos que, nalgún momento das súas vidas, teñen doado sangue para posibilitar o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos nosos hospitais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario