Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 14 de noviembre de 2015

PRETO DE 500 PERSOAS PARTICIPAN ESTA FIN DE SEMANA NO PROGRAMA “COÑECE A TÚA PROVINCIA” DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA


“Coñece a túa provincia” executarase ata o 31 de decembro de 2015
Dentro do marco do programa “Coñece a túa provincia”, que a Deputación de Pontevedra impulsa a través dos servizos sociais desde o ano 2008, esta fin de semana preto de 500 persoas poderán descubrir, a través de diversas rutas, a provincia de Pontevedra. 
O programa “Coñece a túa provincia” contribúe á dinamización económica e social da provincia de Pontevedra ó tempo que impulsa o enriquecemento cultural, o fomento da convivencia e asociacionismo e pon en valor os principais recursos turísticos da provincia, promovendo así ó seu desenvolvemento económico.
Participan no programa entidades de iniciativa social da provincia de Pontevedra (maiores, mulleres, mozos, persoas con diversidade funcional, veciños, familias e menores) que, a través dunha xornada de convivencia que inclúe traslados en autocar, guías informativas, seguro de viaxe, manutención e visitas, percorren lugares emblemáticos das Rías Baixas. Así, as entidades poden elixir entre 18 rutas que abranguen desde os edificios da Deputación de Pontevedra ata concellos como A Estrada, A Guarda, Arbo,  Baiona, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo, Covelo, Cuntis, Forcarei, Lalín, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Nigrán, O Grove, Poio, Portas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda e Vigo.
Esta fin de semana participarán oito asociacións e preto de 500 persoas de Moaña (Asociación de Mulleres Poza da Moura), A Lama (Asociación Cultural San Antonio da Lama), Lalín (Asociación de Mulleres en Igualdade de Goias), Campo Lameiro (Asociación  Mulleres Rurais A Chanciña), Cuntis (Asociación de Mulleres Rurais As Termas), Pontecaldelas (Mulleres Rurais do Verdugo), Vigo (A.V.C.D. Sampaio) e Vilagarcía de Arousa (A.A.C.c. Xeada).

No hay comentarios:

Publicar un comentario