Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 6 de diciembre de 2015

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONCEDE SUBVENCIÓNS POR VALOR DE 300.000 € A CLUBS E DEPORTISTAS DA PROVINCIA



A institución destinará 100.000 euros € a 75 entidades deportivas  de 25 concellos da provincia e case 200.000 € a 218 deportistas de 34 concellos

 

O impulso e apoio do deporte é unha cuestión prioritaria para o novo goberno da Deputación de Pontevedra. Por tal motivo a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a concesión de subvencións por valor de preto de 300.000 € para destinar a clubs deportivos e deportistas individuais de élite da provincia de Pontevedra para a realización de actividades de carácter extraordinario. Estas subvencións, que teñen por obxectivo financiar a participación en competicións deportivas oficiais de ámbito estatal que esixan viaxar fóra da comunidade autónoma e competicións oficiais internacionais a nivel europeo e mundial.

A Deputación de Pontevedra destinará 191.772,54 € a 218 deportistas individuais de 34 concellos da provincia. En concreto, beneficiaranse desta actuación deportistas do concello de Baiona, Barro, Bueu, Cambados, Cangas, Catoira, A Estrada, Gondomar, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meis, Moaña, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Ribadumia, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Así, estamos a contribuir a impulsar, aínda máis, carreiras de deportistas como Antón e Carlos Paz Blanco (asistencia al campeonato del Mundo Clase 49er en Argentina, selectivo para JJOO Río 2016), Oscar Graña Blanco (asistencia al Campeonato de Europa de Piragüismo en Eslovenia, modalidad de Maratón), Ramón Ferro Dios (asistencia al Campeonato de Europa de Piragüismo en Eslovenia, modalidad de Maratón), Susana Rodríguez Gacio (asistencia al “World Paratriathlon Event”, en Río de Janeiro),  Iván Alonso (asistencia al Campeonato de Europa de Piragüismo en Eslovenia), Jose Luis Bouza Pregal (campionato do Mundo de Pista Absoluto, en Milán), Diego Piña Estéves (Campionato del Mundo de Pista Absoluto, en Milán), Pablo Dapena González (participo una copa do Mundo de Triathlon, en Corea del Sur) e outros deportistas de élite ata un total de 218

A  institución provincial tamén ven de aprobar subvencións por valor de 99.958,36 € para 75 entidades deportivas de 25 concellos da provincia. Así, beneficiaranse desta cantidade entidades deportivas dos concellos de Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Covelo, A Estrada, Gondomar, O Grove, A Illa de Arousa, Marín,  Moaña, Mondariz-Balneario, As Neves, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontevedra, O Porriño, Portas, Redondela, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vigo  e Vila de Cruces.

No hay comentarios:

Publicar un comentario