Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 6 de diciembre de 2015

A XUNTA E OS COLEXIOS DE AVOGADOS DE GALICIA ACORDAN COLABORAR PARA POÑER AS MEDIDAS AUTONÓMICAS FRONTE AOS DESAFIUZAMENTOS Á DISPOSICIÓN DOS QUE O PRECISAN



A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo un encontro de traballo cos decanos das agrupacións profesionais das principais cidades galegas

§         Os letrados comprométense a distribuír entre os colexiados a información sobre as medidas postas en marcha polo Goberno galego para apoiar ás familias en risco de perder o seu fogar
§         O Executivo autonómico continúa coa rolda de contactos iniciada para recabar a implicación dos distintos sectores sociais e conseguir que as solucións cheguen aos afectados polos desafiuzamentos

 A Xunta e os colexios de avogados de Galicia colaborarán para poñer as medidas autonómicas de loita contra os desafiuzamentos á disposición daqueles que o precisan. Así o acordaron a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e os decanos das agrupacións profesionais das principais cidades galegas na reunión que mantiveron esta mañá en Santiago e na que tamén participou o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García.

Na xuntanza, os decanos dos colexios de avogados comprometéronse a distribuír entre os colexiados a información sobre as medidas postas en marcha polo Goberno galego para apoiar ás familias en risco de perder o seu fogar.

A xuntanza cos decanos dos colexios de avogados encádrase na rolda de contactos que se está a levar a cabo desde o Goberno galego cos distintos axentes sociais, para recabar a súa implicación, facilitar a información e conseguir que as solucións existentes cheguen aos afectados por desafiuzamentos.

Para a responsable de Vivenda do Executivo autonómico, esta reunión é unha das máis importantes das que se están a manter neste eido, posto que este colectivo atópase no seu día a día con familias que están en risco de perder a súa vivenda habitual.

O Goberno galego ten impulsado distintas medidas encamiñadas a dar cobertura a familias en dificultades, como o Programa de Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias, que permitiu atender ao 100% das familias que se dirixiron á Xunta e cumprían os requisitos.

A conselleira detallou, así mesmo, os acordos asinados con tres entidades financeiras, entre ela a maior de Galicia, que se comprometeron coa Xunta a non executar máis desafiuzamentos; e, ao mesmo tempo, puxeron á disposición do Goberno galego vivendas baleiras para ceder a familias con necesidades de apoio.

En total, salientou, Ethel Vázquez, entre esas entidades financeiras e a Sareb puxeron á disposición da Xunta 240 vivendas baleiras para aloxar a persoas en dificultades a cambio dun alugueiro social.
Ademais, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda referiuse ao Bono de Alugueiro Social, que ofrece apoio urxente ás familias en risco de perder o fogar por non poder pagar o aluguer a través dunha axuda de 150 €/mes durante 2 anos e unha achega adicional de 450 €, para aboar cantidades pendentes ou contribuír á formalización dun novo contrato

No hay comentarios:

Publicar un comentario