Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 2 de diciembre de 2015

ECONOMÍA ORGANIZA CHARLAS INFORMATIVAS SOBRE O PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL EN VARIAS LOCALIDADES DE PONTEVEDRA





Esta iniciativa do departamento autonómico pretende que os mozos e mozas galegos de entre 16 e 29 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua ou un período de prácticas tras acabar a educación formal ou quedar desempregados
As sesións, que se celebrarán nas comarcas de O Salnés, Caldas e O Morrazo, son de libre acceso e contarán coa presenza dun orientador de emprego que explicará aos asistentes as vantaxes de inscribirse no plan

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, comezará o mes de decembro con seis novas charlas informativas sobre o plan de Garantía Xuvenil en municipios das comarcas do Morrazo, O Salnés e Caldas. En concreto, as sesións desenvolveranse en Marín, Bueu, Moaña, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Cuntis co fin de achegar aos mozos e mozas destes municipios a información sobre as vantaxes de inscribirse neste plan.

O martes, 1 de decembro, haberá tres sesións. A primeira delas, ás 10.00 horas, será na aula CeMIT da biblioteca de Marín (Avenida de Ourense, 8). Ás 12.00 horas, a sesión trasladarase a Bueu, ao Centro Social do Mar (Avenida Montero Ríos, 18). Xa pola tarde, ás 17.00 horas, a aula CeMIT de Moaña (Casa da Mocidade, rúa María Martín, 4) acollerá outra charla.

Ao día seguinte, mércores 2, celebraranse tres novas sesións. Todas elas, nas aulas CeMIT dos respectivos concellos. A primeira, ás 10.00 horas, en Vilanova de Arousa (rúa O Cruceiro, 4); Ás 12.00 horas, a cita será en Vilagarcía de Arousa, no Centro de Formación ( Avenida de Matosinhos, 1). Finalmente, ás 17.00 horas, Cuntis acollerá a última sesión, na Casa do Médico (Circunvalación Don Aurelio, 65). Todas as actividades son de libre acceso e estarán dirixidas por unha orientadora que informará aos asistentes.

O obxectivo do Programa de Garantía Xuvenil é que os participantes, mozos e mozas de entre 16 e 29 anos, poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua, formación de aprendiz ou acceder a un período de prácticas nun prazo de catro meses despois de acabar a educación formal ou quedar desempregados. Este plan de Garantía Xuvenil está cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.

Para máis información, pódese visitar o sitio web do programa de Garantía Xuvenil (garantiaxuvenil.xunta.es), así como os perfís habilitados en Facebook e Twitter.



No hay comentarios:

Publicar un comentario