Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 15 de diciembre de 2015

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA CONVIDA AOS GALEGOS E GALEGAS A SER SOLIDARIOS DOANDO SANGUE NO NADAL



  • O obxectivo da campaña de doazón do CTG, nos meses de decembro e xaneiro, pasa por acadar 500 doazóns diarias para abastecer aos nosos centros sanitarios

O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) está a desenvolver a campaña de doazón “Nadal 2015”, convidando aos cidadáns a participar activamente doando sangue nas unidades móbiles e nos locais de atención ao doador.

O CTG e a Consellería de Sanidade lembran que, nos meses de decembro e xaneiro, resulta necesario reforzar o chamamento á participación dos doadores e doadoras, xa que as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos, sitúanse en 500 doazóns diarias aínda que pode aumentar a demanda, debido ao incremento das urxencias derivadas dos accidentes de tráfico.

Dificultades engadidas
Neste mes de decembro, a acumulación de xornadas festivas provoca a deslocalización dos doadores e doadoras habituais, dificultando o desenvolvemento das campañas de doazón. Ademais, as inclemencias meteorolóxicas propias da estación do ano na que nos atopamos e o aumento de enfermidades do tipo da gripe, son outros dos factores que complican o obxectivo do Centro de Transfusión de estabilizar o número de doazóns de sangue.

Para paliar estas dificultades, as unidades móbiles do CTG teñen previsto visitar ata finais de mes, ao redor de 80 concellos galegos, para acadar a participación necesaria e garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos. As visitas que efectuarán as unidades móbiles no transcurso da presente semana son as seguintes:

DATA
CONCELLOS
Martes 15 de decembro
Praza Armas (Ferrol), Acuartelamento Atocha. Cantón Pequeno e Repsol (A Coruña), Melide, Bembibre (Val do Dubra), Mondoñedo, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Oimbra, Cambados, Salceda de Caselas e Zona Herrería (Pontevedra)
Mércores 16 de decembro
Cariño, Coristanco, Repsol (A Coruña), Forte-Camporrapado (Boqueixón), Melide, Bóveda, Taboada, Rúa do Paseo (Ourense), Barro, Silleda e Rúa Príncipe (Vigo)
Xoves 17 de decembro
Monfero, Zona Ultramar (Ferrol), Porto, Lonxa e Praza Conchiñas (A Coruña), Carnota, Lestedo (Boqueixón), Murás, Ourol, Monforte, Xinzo de Limia, O Grove e Zona Balaidos e Zona Residencial Navia (Vigo)
Venres 18 de decembro
Perlío (Fene), Malpica de Bergantiños, Edificio Casa do Mar (A Coruña), Boiro, Serra de Outes, Monforte, Xinzo de Limia, Nigrán, O Grove e Tui
Sábado 19 de decembro
Boiro, Meirás, Baio (Zas), Nogueira de Ramuín, Xunqueira de Espadañedo e Maisqueauga A.D. Municipais Barreiros (Vigo)

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
LUGAR
HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, o CTG dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

Doazón de medula ósea
A Consellería de Sanidade lembra, tamén, á cidadanía da nosa Comunidade Autónoma a importancia da doazón de medula ósea. A tal efecto, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Josep Carreras teñen a disposición das galegas e galegos unha páxina web http://galicia.medulaosea.org que facilita os trámites de rexistro aos potenciais doadores. Neste enderezo electrónico poden eles mesmos apuntarse. Unha vez que se anoten serán chamados para a correspondente entrevista por parte dos profesionais sanitarios.

Poden ser doadores de medula ósea, persoas de 18 a 55 anos que non padezan ningunha enfermidade que poida ser transmitida ou por en perigo a súa vida polo feito da doazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario