Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 24 de diciembre de 2015

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA SOLICITA A COLABORACIÓN DOS CIDADÁNS NA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE NA RECTA FINAL DO ANO



  • O obxectivo da campaña de doazón do CTG, nos meses de decembro e xaneiro, pasa por acadar 500 doazóns diarias para abastecer aos nosos centros sanitarios

O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) está a desenvolver a campaña de doazón “Nadal 2015”, convidando aos cidadáns a participar activamente doando sangue nas unidades móbiles e nos locais de atención ao doador. Ademais, o CTG lembra que son precisas doazóns de todos os grupos sanguíneos.

O CTG e a Consellería de Sanidade lembran que, nos meses de decembro e xaneiro, resulta necesario reforzar o chamamento á participación dos doadores e doadoras, xa que as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos, sitúanse en 500 doazóns diarias aínda que pode aumentar a demanda, debido ao incremento das urxencias derivadas dos accidentes de tráfico.

Dificultades engadidas
Neste mes de decembro, a acumulación de xornadas festivas provoca a deslocalización dos doadores e doadoras habituais, dificultando o desenvolvemento das campañas de doazón. Ademais, as inclemencias meteorolóxicas propias da estación do ano na que nos atopamos e o aumento de enfermidades do tipo da gripe, son outros dos factores que complican o obxectivo do Centro de Transfusión de estabilizar o número de doazóns de sangue.

Para paliar estas dificultades, as unidades móbiles do CTG teñen previsto visitar ata finais de mes, ao redor de 80 concellos galegos, para acadar a participación necesaria e garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos. As visitas que efectuarán as unidades móbiles no transcurso da presente semana son as seguintes:

DATA
CONCELLOS
Luns 21 de decembro
Mugardos, Zas, Camariñas, Muros, San Cibrao (Cervo), Zona Avda. Portugal e Bº da Cruz Alta (Ourense), Illa de Arousa, Nigrán e Chapela (Redondela).
Martes 22 de decembro
Fene, O Burgo (Culleredo), Camariñas, Rianxo, Padrón, Esteiro (Muros), Castro de Rei, Ribadavia, Gondomar e Redondela
Mércores 23 de decembro
Fene, Cee, Barrio Elviña (A Coruña), Tordoia, Bertamiráns (Ames), Padrón, Praza Maior (Lugo), A Mezquita, A Gudiña, A Cañiza e Redondela
Xoves 24 de decembro
Praza de Armas (Ferrol), Cantón Pequeno (A Coruña), Praza Roja (Santiago), Bertamiráns (Ames), Praza Maior (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense), Zona Herrería (Pontevedra) e Rúa Príncipe (Vigo)
Sábado 26 de decembro
Zona Los Rosales (A Coruña), Praza Roja (Santiago), Praza Maior (Lugo), Zona Herrería (Pontevedra) e Rúa Príncipe (Vigo)

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

LUGAR
HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, o CTG dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

Doazón de medula ósea
A Consellería de Sanidade lembra, tamén, á cidadanía da nosa Comunidade Autónoma a importancia da doazón de medula ósea. A tal efecto, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Josep Carreras teñen a disposición das galegas e galegos unha páxina web http://galicia.medulaosea.org que facilita os trámites de rexistro aos potenciais doadores. Neste enderezo electrónico poden eles mesmos apuntarse. Unha vez que se anoten serán chamados para a correspondente entrevista por parte dos profesionais sanitarios.

Poden ser doadores de medula ósea, persoas de 18 a 55 anos que non padezan ningunha enfermidade que poida ser transmitida ou por en perigo a súa vida polo feito da doazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario