Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 6 de diciembre de 2015

POLÍTICA SOCIAL DESTACA O INICIATIVA XOVE COMO UN “PROGRAMA PIONEIRO QUE ESTIMULA O LIDERADO E O TALENTO XUVENIL” E QUE CONTOU COA PARTICIPACIÓN DE 750 MOZOS EN 150 PROXECTOS NO 2015




A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado participou en Vila de Cruces e Boqueixón na presentación do  libro ‘Ponteledesma, nove arcos de auga, pedra e historia’ financiado a través do programa



§           Neste programa poden participar tanto asociacións formalmente constituídas como grupos informais de mozos e mozas, e permite que a xuventude galega poida organizar, emprender e impulsar actividades onde os actores principais son eles mesmos
§           Galicia é a primeira Comunidade Autónoma que certifica as competencias adquiridas coa participación en programas de educación non formal

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou este serán na vila pontevedresa de Vila de Cruces na presentación do libro ‘Ponteledesma, nove arcos de auga, pedra e historia’. O exemplar está editado polo grupo informal de mozos e mozas Amigos da ponte a través do programa de participación xuvenil Iniciativa Xove que organiza a Consellería de Política Social. A Ponte, que enlaza o municipio pontevedrés de Vila de Cruces e o coruñés de Boqueixón, ten unha gran relevancia histórica, xa que foi escenario de batallas contra o exército napoleónico e por formar parte dun ramal da Vía da Prata que discorría por O Corpiño, Fontao, Carboeiro, Merza, Bascuas ,Gres e Ledesma.

A Consellería de Política Social investiu este ano no programa Iniciativa Xove un total de 500.000 euros que financiaron 150 proxectos nos que participaron directamente máis de 750 mozos e mozas. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, destacou que Iniciativa Xove é “un programa pioneiro a nivel nacional no que a  Administración non lle indica aos mozos o que teñen que facer, senón que lles pide propostas para despois apoialas co propósito de estimular o liderado, a creatividade e o talento xuvenil”.

Neste programa poden participar tanto asociacións formalmente constituídas como grupos informais de mozos e mozas, e permite que a xuventude galega poida organizar, emprender e impulsar actividades onde os actores principais son eles mesmos. A Xunta financia a totalidade dos proxectos presentados cun orzamento máximo por iniciativa de 4.000 euros. Todas as entidades e grupos aos que se lles concede a axuda e o solicitan reciben un anticipo do 80% sobre o total da cantidade concedida.

Este ano, ademais, foi a primeira edición onde as experiencias, competencias e habilidades adquiridas mediante o desenvolvemento dos proxectos de Iniciativa Xove contaron cunha certificación oficial expedida pola Xunta. Galicia é a primeira Comunidade Autónoma e, polo de agora, a única que certifica as competencias adquiridas coa participación en programas de educación non formal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario