Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 1 de enero de 2016

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DO PSOE E BNG PRORROGA ATA AGOSTO O PUSIM14 DO PP DE LOUZAN



O pleno da institución provincial acordou ampliar o prazo de execución e xustificación das obras


O pleno da Deputación provincial aprobou  a prórroga do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM 14), que conforme ás bases estaba previsto que se extinguira a 31 de decembro de 2015. Deste xeito, o prazo de execución e xustificación dos investimentos amplíase ata o 31 de agosto de 2016.

O PUSIM púxose  en marcha en febreiro de 2014 co obxecto de apoiar os concellos de menos de 50.000 habitantes ante o descenso dos orzamentos municipais como consecuencia da crise económica. Inicialmente dotouse con quince millóns de euros, que posteriormente foron ampliados en doce millóns, o que resultou nunha dotación orzamentaria total de vinte e sete millóns de euros.

A execución do PUSIM estendeuse durante o ano 2015. Non obstante, os concellos que o soliciten poderán solicitar unha ampliación do período de execución e xustificación conforme aos novos prazos establecidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario